Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - R. FERROL C, 2
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 2 - R. FERROL C, 2

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. NUMANCIA, 2- FERROL C, 2. XANEIRO 2010ESTE É O CAMIÑO

Terceira xornada da segunda volta que enfrontaba o segundo e terceiro clasificados, dous equipos parellos que demostraron esa igualdade no campo.

Ares, 16 de xaneiro de 2010


ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Fernando, Óscar, Piñeiro, Emilio, Fran F., Carlos (capitán), Luís, Antón, Nico, Fran M., Pablo e Alexis.

 

R. FERROL “C”: Andrés, Diego, Cesar, Fran, Iván, Julián, Alejandro, Raúl, Álvaro, Jorge, Andrés e Alexandre.

Goles: Carlos e Emilio

Árbitro: D. Iago Veiga López (Delegación de Ferrol)

 Mañá de sábado sen vento, con nubes pero sen choiva. Expectación en Prados Vellos por ver un dos mellores partidos da categoría alevín.
 Comezou o encontro con dominio territorial dos visitantes, o Numancia non se daba sacudido a presión ferrolá. O Racing non aproveitou eses minutos, e como sucedera no partido de ida, o Numancia fíxose co dominio do partido aos 10 minutos. De aí ata o descanso xogo combinativo, internadas por banda e bo xogo dos aresáns recompensado co 1-0 obra de Carlos nunha xogada individual, a 5 minutos para o descanso. Despois do gol veu o acoso do Numancia nos últimos minutos, pero sen poder ampliar a vantaxe.
 Na segunda metade, moita loita e igualdade. O Numancia conseguiu meter un pase en profundidade o seu dianteiro Antón, que cando se encontraba so ante o porteiro para rematar foi agarrado por un xogador visitante que evitou a ocasión manifiesta de gol. Tiro libre directo, sen máis. Debate sobre a conveniencia das sancións disciplinarias ou non nas categorías de fútbol 7. Opinións para todos os gustos, a miña persoal, canto antes consigamos que os nenos perdan vicios que nas categorías superiores custaranlles expulsións, mellor.
 Esta xogada parece que desconcertou os aresáns, xa que nun saque de porta a favor, o Numancia regala o balón a un dianteiro verde que non ten máis que fusilar o noso porteiro. 1-1, máis igualdade imposible. Parecía que o Numancia intentaba poñerse outra vez por diante, pero os que conseguiron marcar foron os ferroláns, cun gol evitable por parte do Numancia, pero que subiu ao marcador. 1-2 a falta de 10 minutos.
 Pero neste intre saiu o orgullo numantino e o Numancia seguiu con máis ganas se cabe intentando aproximarse á portería ferrolá. Bo xogo, ocasións, e premio. Nunha xogada por banda Carlos envia o balón ao segundo pao, onde Emilio moi atento remata conseguindo o 2-2 a falta de 5 minutos. De aí ao final, o Numancia puxo cerco a porteria rival. Cando os aresáns eran capaces de superar a presión, as continuas faltas e a boa colocación do Racing sucedíanse varias ocasión que puideron decantar o partido para os nosos. A máis claras un man a man de Antón co porteiro do Racing, onde este último arrebatoulle o balón ao numantino nunha acción de moito nivel. Con isto chegouse ao final do partido, co primeiro empate da temporada para o Numancia.
 En resumo, gran partido de alevíns, en canto a xogo, emoción e intensidade o vivido hoxe en Prados Vellos. Dous equipos que pelexaron ata o final, e que demostraron porque están nos primeiros postos da clasificación. Felicitar o Racing xa que á un moi bo equipo, e foi un mais que digno rival nos dous partidos desta liga.
 En canto ao Numancia, bo xogo, INTENSIDADE, amplia participación de todos os xogadores (nun partido decisivo como o de hoxe o neno que menos xogou fíxoo 15 minutos), e o máis importante, somos unha piña (mostra disto a celebración do segundo gol de hoxe). Salientar ademais a enorme entrega dos 12 xogadores neste partido, entrando duro ao balón e pelexando os balóns ata o ultimo suspito. Polo tanto este é o camiño a seguir por un bo grupo de 17 bos xogadores, que teñen que aceptar que a esixencia dos adestradores é polo seu ben, polo seu futuro deportivo e pola súa mellora. “Cando hai materia prima, a esixencia ten que ser máxima, sempre se pode mellorar”
A vindera semana temos un partido duro, visitamos ao San Sadurniño, equipo que na primeira volta deunos un severo correctivo. Intentaremos polo tanto, tomarnos a “vinganza deportiva” e seguir mantento a segunda posición na liga, para poder seguir desfrutando partidos como o de hoxe, cheos de emoción e intensidade.
 Vémonos polo tanto TODOS a vindeira fin de semana en San Sadurniño.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.