ALEVÍNS. PERLÍO, 2 - NUMANCIA, 5

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. PERLÍO, 2 -NUMANCIA, 5. XANEIRO 2010VITORIA POSTVACACIONAL

Despois das vacacións do Nadal interrumpidas pola anécdotica participación no Torneo de fútbol 5 de Mugardos, o conxunto do Numancia alevín retomou a competición a tarde do venres no colexio de “Centieiras” en Perlío.

Ares, 8 de xaneiro de 2010

PERLÍO: Andrés, Diego, Daniela, Andrés, Mario, Jesús, Francisco, Bruno, Adolfo, David e Bruno.

NUMANCIA: Adrián, Fran M., David, Óscar, Emilio, Pablo, Antón. Luís, Piñeiro e Alexis.

Goles: Emilio, Piñeiro, Antón, Luís e Pablo.

Colexiado: D. David Sierra Pereira (Delegación de Ferrol)

Nunha tarde fría, moi fría pero onde tivemos a sorte de que a choiva decidiu non acompañarnos, presentábase o Numancia baixo mínimos. Por varios motivos, o destino fixo que neste partido o equipo contara soamente con 10 xogadores dos 17 do plantel.
 Foi o turno para 7 xogadores de primeiro ano axudados por 3 máis veteranos, que tiñan como misión facer olvidar as ausencias e facer un bo partido.
 O partido estivo marcado polas reducidas dimensións do terreo de xogo de area. Na primeira metade o dominio do Numancia foi total, estando o equipo aresán emborcado na área fenesa. O Perlío apenas chegou á portería aresá. Froito dese dominio, e cunha mestura de empuxe e bo xogo o Numancia chegou ao descanso cunha vitoria por 0-3.
 Na segunda metade vivíronse os peores momentos dos aresáns, onde estiveron un pouco perdidos, acadando o Perlío os seus dous goles pola falta de contundencia e de intensidade defensiva dos nenos numantinos. Tras eses 10 minutos “tolos”, o Numancia volveu a coller o dominio do encontro, enlazando boas xogadas e conseguindo ampliar a conta goleadora.
 En resumo, bo traballo dos 10 futbolistas que hoxe desafiaron o intenso frío, a area, as charqueiras (“tierra mojada” para algúns) e o equipo rival conseguindo facer un máis que  aceptable partido así como sumar 3 puntos máis na clasificación.
 Bo comezo de ano polo tanto dos aresáns, nun partido trampa xa que sempre é complicado volver a coller o ritmo de competición despois dos periodos vacacionais. Parece que o marisco e o turrón non sentarom mal aos nosos futbolistas.
 Esta semana recuperemos a normalidade, os rapaces volven á escola e tamén á rutina. Veñen agora dous bonitos encontros con equipos que nos acompañan na parte alta da clasificación, Racing “C” e San Sadurniño. Necesitamos recuperar efectivos, e sobretodo seguir con esa confianza, esa ilusión, ese apoio da afección e esa unidade para que o 2010 sexa máis bonito có 2009.
 Polo tanto, vémonos TODOS a vindeira fin de semana en Prados Vellos nun bonito partido co Racing de Ferrol “C”.

Abríguense moito e ¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.