Inicio Noticias Alevíns FÚTBOL - 7. NUMANCIA, 3 - SELECCIÓN FERROLÁ ALEVÍN, 4
 
 

FÚTBOL - 7. NUMANCIA, 3 - SELECCIÓN FERROLÁ ALEVÍN, 4

SDR NUMANCIA. FERROL ALEVÍN, 4 - NUMANCIA, 3. DECEMBRO 2009FÚTBOL BONITO PARA PECHAR O ANO

Ares, 30 de decembro de 2009.

Esta tarde facíase xustiza a unha das demandas do noso querido e tristemente finado D. Pedro García. As seleccións que representan a Ferrol no Torneo Galego visitaban Prados Vellos continuando coa súa preparación cara os compromisos oficiais.


NUMANCIA: Fernando, Miguelito, Juan, Marcelo, David, Ángel. Agustín, Andrés, José M., Alberto, Adrián e Sergio.

SEL. COMARCAL: Unai, Sergio, Víctor, Aaron, Javi, Carlos, Hugo, Fran, Borja, Carlos, Coque, Borja Freire, Aitor, Pedro, Brandán e Miguel.

Goles: David, Marcelo e Adrián nos locais. Aaron (2), Carlos e Brandán por parte da selección de Ferrolterra.

 Comezou a xornada cun partido entre o equipo infantil do Numancia e a selección alevín. Un partido moi igualado na primeira metade, con moito centrocampismo. Nos últimos 10 minutos a selección conseguiu dous goles, polo que o resultado ao descanso era un 0-2. Na segunda metade, víronse xa máis xogadas e ocasións, disfrutando así dun partido moi vistoso que finalmente acabou con vitoria da selección por 3-4, aínda que o resultado era o de menos neste “adestramento”.
 O que si tiña importancia era poder despedir o ano 2009, ano do 80 aniversario do Numancia recibindo a visita de bos xogadores. Numeroso público achegouse a Prados Vellos para ver as evolucións dunha selección alevín na que o xogador alevín do Numancia Carlos Vázquez representa o fútbol aresán  e que conta cunha xeración de cativos moi boa, moi técnicos, apaixoados do fútbol e que teñen moito talento nas súas botas, e sobretodo, na súa cabeza. Ogallá teñan moita sorte no Torneo Galego, pero sobretodo ogallá sigan tendo a mesma paixón polo fútbol e o mesmo afán de superación, e moita cabeciña que lles permita chegar lonxe na vida e no deporte. Hoxe tiveron en fronte a un equipo de categoría superior, e foron capaces de plantarlle cara como xa fixeran o sábado en As Pontes co lider da liga infantil.
 En resumo, gran xornada de convivencia vivida na tarde do mércores en Prados Vellos, xa que logo se completou cun partido entre os xuvenís no Numancia e a Selección Sub 17 de Ferrolterra. Gran cantidade de público, bo ambiente, intercambio de opinións entre compoñentes de diferentes entidades,  disfrutando de chocolate e bola, e en definitiva ¡¡¡FACENDO DEPORTE¡¡¡
 Polo tanto, despedimos así o ano futbolístico en Prados Vellos, cun bonito final. Soamente nos queda desexar a toda a familia do Numancia, á familia aresá, á familia do fútbol comarcal e galego e a todos en xeral un novo ano cheo de saúde, traballo, amor e deporte, moito deporte.
¡¡¡FELIZ 2010¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.