Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - R.SAN PEDRO, 2
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - R.SAN PEDRO, 2

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - SAN PEDRO,2 DECEMBRO 2009VITORIA BONITA E NECESARIA
Última xornada da primeira volta onde o Numancia se impuxo ao Racing San Pedro nun bonito partido.

Prados Vellos, 12 de decembro de 2009

 

NUMANCIA: Adrián, Óscar, Fran M. Antía (capitá), Antón, Sergio, Miguel. Fernando, Luís, David, Pablo e Nico

R.SAN PEDRO: Jesús, Adrián, Enrique, Moisés, Sergio, Borja, Carlos, Iván, Andrés, Cristian e Javier.

Goles: Pablo e Antón (2)

Árbitro: D. Brais Ferreiro Vérez.

COMENTARIO: Nunha mañá de sábado espléndida para a práctica do fútbol puidemos ver un bonito partido de alevíns entre dous equipos que apostaron polo fútbol creativo. Comezou o encontro co Numancia moi metido e intentando chegar á meta rival. Pero como nos últimos tempos, aproveitando o Nadal, un novo regalo deixaba a un xogador do San Pedro ante o noso porteiro co balón controlado e non fallou, 0-1 aos 10 minutos. Seguindo os costumes, o Numancia veuse arriba e seguiu facendo un fútbol combinativo. Froito dese fútbol chegaría o primeiro tanto, nun bo pase interior que chegou a Pablo tras unha boa internada por banda que finalizou con remate cruzado e pegado ao pao da portería ferrolá. 1-1 aos 15 minutos. Seguiu o empuxe numantino e no minuto 20 unha man dun defensor do San Pedro dentro da área foi interpretada polo colexiado como penalti, o cal foi trasformado por Antón, poñendo o 2-1 no marcador. Nos últimos 5 minutos da primeira metade, varios tiros dende a frontal por parte do Racing San Pedro foron moi ben interceptador polo noso gardarredes Adrián.
 Na segunda metade, o Numancia saíu coa intención de ampliar a vantaxe e puido facelo nos primeiros minutos. Posteriormente, o San Pedro xogou os seus mellores minutos chegando en repetidas ocasións á portería do Numancia, pero un espectacular Fernando atallou unha e outra vez os disparos dos ferroláns. A falta de 5 minutos, nun pase ás costas da defensa aresá, un xogador do San Pedro queda nunca posición inmellorable de remate, o cal non desaproveita e consigue empate, 2-2 a falta de 5 minutos. Nos últimos 5 minutos o Numancia arrisca e vai a polo partido descaradamente. Varias ocasións fallidas e parecía que o empate sería o resultado final. Pero na prolongación, unha falta executada magistralmente por Antón, fai o 3-2 levando a ledicia á parroquia aresá, xa que ultimamente necesitabamos unha vitoria como esta.
 En definitiva, un bo partido de fútbol onde calquera dos dous equipos puido levarse a vitoria. Nesta ocasión, a sorte si que acompañou ao Numancia. ¡¡¡Ia sendo hora¡¡¡ Felicitar ao Racing San Pedro polo seu bo xogo, e a súa deportividade. É un equipo que conta con dous bos adestradores e xogadores con moita ilusión, que de seguro, darán moita guerra esta tempada.
 Por parte do Numancia, hoxe felicitar os supervivientes. Tíñamos baixas importantes, xogadores de segundo ano que se notan. Pero os “peques” demostraron que con bo xogo, ilusión e confianza poden conseguirse moitas cousas.
Fin da primeira volta, estando na clasificacións no grupo destacado dos 4 primeiros clasificados. É algo anecdótico. Fin da primeira volta con masiva asistencia aos adestramentos e aos partidos. Os 17 xogadores do plantel tiveron minutos e séntense importantes dentro do equipo. O Numancia fai un xogo bonito, combinativo, de toque. Iso a veces producenos amagos de infarto e incluso goles en contra cando xogamos o balón dende atrás ao limite. Eu creo que é un prezo xusto a pagar, xa que tamén a cara de felicidade que se nos queda a todos cando vemos os nenos tocar o balón con sentidiño, e a ledicia que supón ganar e xogar ben, e impagable. Polo tanto, un prezo xusto.
 En resumo, boa primeira volta con 8 vitorias e 3 derrotas. A semana que vén antes das “vacacións” de Nadal primeira visita da tempada ás instalacións de A Gándara en Ferrol para comezar a segunda volta coa S.R.D. Canido. Polo tanto, vémonos TODOS a vindeira fin de semana en Ferrol.


¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡
 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.