Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. MEIRÁS, 7 - NUMANCIA, 0
 
 

ALEVÍNS. MEIRÁS, 7 - NUMANCIA, 0

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. MEIRÁS, 7 - NUMANCIA, 0. DECEMBRO 2009REGALOS COMEZANDO O NADAL
Décima xornada de liga onde o Numancia caeu derrotado con xustiza polo líder, o Meirás C.F.

 

A Malata. 4 de decembro de 2009

NUMANCIA: Adrián, Nico, Piñeiro, Sergio, Antón, Carlos (capitán), Luís. Fernando, Pablo, Óscar e David.
Árbitro: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol)

Semana complicada para o Numancia alevín xa que recibiu as visitas da gripe, dores estomacais, torceduras de nocello, dores de cabeza… e demais contratempos. Isto supuxo as baixas de 6 xogadores, quedando o plantel de 17 reducido a 11. Non foron as mellores condicións para preparar nin para disputar un encontro tan complicado como era o do pasado venres nas instalacións de A Malata.
 Falando xa do partido, primeros 5 minutos de tanteo entre dous bos equipos. Ningún dos equipos collía un claro dominio do partido. Do minuto 5 ao 15 o Numancia contaxiouse do ambiente de Nadal que xa reina na cidade departamental co alumbrado navideño, Papa Noel colgado nas ventás…e regaloulle 3 goles ao Meirás en diferentes fallos defensivos, que non se poden ter normalmente, pero moito menos ante un equipo coa calidade técnica do Meirás. Lonxe de virse abaixo, nos últimos minutos da primeira metade o Numancia fixo un bo xogo, plantándolle cara ao líder, o resultado xa pesaba moito pero os nenos sacaron o orgullo numantino para ofrecer unha boa imaxe. Noutra chegada, o Meirás faría o 4-0 co que se chegou ao descanso.
 Na segunda metade, tras correxir erros no descanso, o Numancia saíu coa intención de poñer o medo no corpo do rival. Bo xogo e ocasións, pero cando o balón non quere entrar non hai nada que facer. Pola contra, o Meirás seguía acadando goles nas súas chegadas á área numantina, ata sete foi capaz de facer o equipo de Valdoviño.
 Como xa sabemos “goles son amores” así que hai que felicitar ao Meirás pola súa xusta vitoria e o seu bo papel nesta tempada. Tamén felicitar a todos os xogadores, adestradores e pais presentes no partido xa que deron un exemplo de deportividade e saber estar nos campos de fútbol, por enriba do partido que fora e de cómo se desenvolvese o mesmo. Non debería ser motivo de orgullo, pero tal como andan as cousas últimamente, convén resaltalo.
 Pola parte do Numancia, felicitar os 11 supervivintes que saltaron ao campo con toda a ilusión do mundo de plantarlle cara ao líder. Quizais sexa un resultado demasiado abultado e cruel para os méritos do Numancia. Polo tanto soamente queda correxir erros e levantar a cabeza.
 O bonito que ten o futbol é a revancha. Esta semana temos 2 partidos. Martes 8 ás 11:00 en Ares xogamos o partido aprazado co Galicia de Caranza por mor do temporal.
 A fin de semana xogaremos tamén na casa ante o Racing San Pedro.
Dous partidos para rematar a primeira volta da liga, para intentar consolidar a segunda posición  e o máis importante, para seguir aprendendo e disfrutando con este deporte.

Vémonos todos o martes ás 10:15 os nenos e ás 11:00 os pais en Prados Vellos. ¡¡¡ÁNIMO CHAVALES¡¡¡

Hoxe máis ca nunca…
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.