ALEVÍNS. AS PONTES, 2 - NUMANCIA, 3

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. AS PONTES, 2 - NUMANCIA, 3. NOVEMBRO 2009A LEI DO MÍNIMO ESFORZO

Oitava xornada de liga para o Numancia alevín nas magníficas instalacións de O Poboado en As Pontes.

 

AS PONTES: Adrián, Iago, Jonathan, Ismael, Álvaro, Alejandro, Iván, Carlos, Daniel (capitán), Raquel, Jose e Alberto.

NUMANCIA: Adrián, Emilio, Nico, Antía, Antón, Piñeiro, Sergio. Carlos (capitán), Miguel, Alexis, Pablo e Nico.

Goles: Sergio (2) e Miguel

Árbitro: D. Juan Carlos Fernández Martínez (Delegación de Ferrol)


 Despois do parón obrigado polo temporal da semana anterior, que provocou o aprazamento do encontro co Galicia de Caranza “B” en Ares, o Numancia alevín voltou á competición derrotando ao C.D. As Pontes por 2-3. Partido xogado nunha mañá de sábado que nos recibía ás 8:30 no centro médico con moito vento, polo que rapidamente saímos “voando” cara As Pontes. Unha vez na vila mineira, a nosa sorpresa foi non ter tanto frío como se esperaba, o vento non sopraba con tanta forza e as nubes non se divisaban no horizonte, polo que o partido xogouse cunha boa mañá… se non fose polo vento.
 Comezou o partido cun Numancia algo durmido, o que provocou o empuxe do conxunto local, con varias ocasións de gol. Cando parecía que o Numancia se asentaba no campo chegou o primero gol pontés, nun balón longo ás costas da defensa aresá. Lonxe de amilanarse, os nosos  seguiron con firmeza conseguindo o empate. Nos mellores momentos do Numancia, o equipo conseguiría adiantarse no marcador, quedando poucos minutos para o descanso. Pero antes dese período, nun novo balón longo o As Pontes conseguiría o 2-2 co que se chegaría ao final da primeira metade.
 Na segunda parte o Numancia saíu máis metido no partido, o que provocou que se marcara o 2-3 definitivo nunha boa internada por banda, con varios xogadores ao remate, onde Miguel moi oportuno foi capaz de conseguir o gol da victoria. A partires dese momento, o As Pontes intentouno con balóns longos e a balón parado, pero o Numancia foi quen de administrar a súa vantaxe e aínda tivo ocasión de incrementala nalgunha xogada de contraataque.
 En resumo, un partido tolo, sen control na que a vitoria a poido levar calquera dos dous equipos, neste caso foi o Numancia xa que marcou máis goles, e xa se sabe que no fútbol “os goles son amores”.
 No fútbol tamén hai dúas cousas moi importantes como son a garra e o traballo. Cando ningunha desas cousas se leva a cabo por un equipo, é complicado gañar un partido, aínda que hai excepcións coma a de hoxe. Hai que entender tamén que son nenos, que se levantaron ás oito da mañá para ir xogar a  As Pontes e que ese cansanzo ten que notarse.
 En definitiva, un partido no que a garra por parte do Numancia non foi moita, o xogo de ataque non foi brillante e a actitude defensiva nos brillou con luz propia, pero que coa lei do mínimo esforzo sacouse un partido adiante nun desprazamento complicado e ante un digno rival. Hai que seguir nesta líña de xogo, uns días saen mellor as cousas que outros, pero traballando e falando cos rapaces, remando todos cara o mesmo lado estou seguro de que este equipo seguirá dando moitas ledicias á afección aresá. Afección fiel, que por certo, hoxe estivo en As Pontes levando incluso un termo con chocolate quente para os nenos; grazas Esteban.

Nada máis, destacar o bo partido do C.D. As Pontes, cun equipo con nenos de segundo ano, que van de últimos na clasificación cun só punto, pero que co xogo, o traballo e a garra que poñen no campo (ás veces excesiva) estou seguro que axiña obterán bos resultados, xa que son un equipo tremendamente competitivo.

Polo tanto, oito xornadas de liga con 6 victorias, 1 derrota e 1 partido aprazado, e o máis importante, con masiva asistencia aos adestramentos e aos partidos, creo que debemos estar contentos e seguir todos apoiando, xa que a tempada é moi longa e os nenos necesitan o apoio, o cariño e o empuxe de todos. Vémonos TODOS o vindeiro sábado ás 12 da mañá en Prados Vellos no partido Numancia – Ortigueira.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.