Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. A. MEIRÁS, 4 - NUMANCIA, 7
 
 

ALEVÍNS. A. MEIRÁS, 4 - NUMANCIA, 7

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. A.MEIRÁS,4 - NUMANCIA, 7VITORIA NUN PARTIDO DOS DE ANTES.

Quinta xornada da liga alevín e primeiro partido do mes de novembro para os nosos no campo de Atios en Valdoviño.

NUMANCIA: Adrián, Emilio, David, Fran F. (capitán), Pablo, Antón, Luís, Carlos, Miguel, Alexis, Fran M. e Nico.

Goles: Carlos (4), Miguel e Antón.

Árbitro: D. Rubén Bugliot Fernández (Delegación de Ferrol).
 Nunha mañá de frío, vento e choiva o equipo de Numancia chegou a Valdoviño con 12 xogadores convencidos de resarcirse do anterior partido co San Sadurniño. Con moitas gañas, saíron a xogar un encontro condicionado pola choiva, que fixo que o campo estivera irregular e polo vento, que sopraba con forza e impedía o bo desprazamento dos balóns.
 Partido con dúas partes ben diferentes. No primeira parte o Numancia saíu en tromba, recuperando o xogo en equipo a base de combinacións que a todos nos gustan. A pesar das condicións do campo, os nosos fixeron boas xogadas, facendo desfrutar a fiel afición aresá que nos acompañou nesta viaxe. Cando se xoga con gañas, con sentido e con solidez defensiva os resultados chegan, por iso ao descanso o marcador reflectía un 1-5 favorable aos nosos.
 Na segunda metade, os primeiros 10 minutos foron de claro dominio do Amistade, facéndonos varios goles por despistes defensivos. O Numancia sacudíuse o dominio a base de contraataques é nun deles chegaría outro gol dos nosos, colocando o marcador nun perigoso 4-6 a falta de 10 minutos. Co Amistade volcado na nosa portería, nun querer e non poder, os nosos volveron a situarse ben no campo e a botarlle as gañas do principio do partido, controlando así  o partido e ampliando a renda, poñendo no marcador o definitivo 4-7.
 En resumo, hai que estar satisfeitos cos nosos, recuperamos o bo trato do balón, as combinación ofensivas e non estivemos mal en defensa e os xogadores de primeiro ano aportaron moitas cousas neste partido. Sacamos adiante un partido complicado nun campo difícil polas súas dimensións e a situación na que hoxe se encontraba. Felicitar polo tanto coma sempre os 17 compoñentes do plantel, de forma un pouco mais especial os 12 que hoxe madrugaron, loitaron e conseguiron a vitoria nun partido “dos de antes”

 No nome da familia do equipo alevín do Numancia alevín gustaríame adicar esta victoria ao noso porteiro Fernando, que está pasando por unha enfermidade moi famosa nos últimos tempos que o manterá un par de semanas alonxado do equipo. Estou seguro que a felicidade desta vitoria axudará a súa recuperación e será moito mellor que calquera tratamento médico. ¡¡¡ÁNIMO NANDO¡¡¡

Sen máis, emplazaros a todos para a próxima fin de semana en Ares nun partido que nos medirá co Galicia de Caranza “B”. ¡¡¡Vémonos en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.