ALEVÍNS. NUMANCIA, 0 - SAN SADURNIÑO, 4

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. NUMANCIA -SAN SADURNIÑO. NOVEMBRO 2009SEN LEVANTARSE DA CAMA

Quinta xornada da liga alevín no seu grupo 2, que nos deparaba un partido entre o Numancia e o San Sadurniño nunha mañá de sábado oscura, tan oscura como o xogo do Numancia neste partido.


NUMANCIA: Nando, Óscar, Piñeiro, Fran F. (Capitán), Carlos, Antón, Sergio. David, Miguel, Fran M, Antía e Alexis.

 

Goles: 0-1 minuto 8, 0-2 minuto 14, 0-3 minuto 20, 0-4 minuto 40.

Árbitro: D. Brais Ferreiro Vérez (Delegación de Ferrol)

Un partido no que sendo obxetivos, soamente existiu un equipo, o San Sadurniño. Cun bo sistema defensivo e uns xogadores que se deixaron a pel no campo, borraron do partido a un Numancia sen ideas, sen gañas e sen alma neste partido. O noso equipo parece ser que quedou na cama este sábado, xa que no partido foi unha suma de indecisións defensivas, malos pases, precipitacións, e nervos. Pola contra un San Sadurniño como dicimos ben ordenado, cun bo porteiro e un dianteiro que marcou as diferencias foi quen de levarse cómodamente o partido con todo o merecimento e obtendo así o premio a un traballo inconmensurable.
Vitoria xusta e merecida do equipo visitante, que non debe tampouco servir para esquecer o bo mes de outubro dos nosos, con 4 victorias en 5 partidos e unha inmelllorable asistencia aos adestramentos e aos partidos. 
Un partido que si nos debe servir para darnos de conta que sen espíritu e sen gañas non se poden facer ben as cousas, e moito menos ante un equipo senón superior, cando menos dun nivel parello ao noso. Partido que debe servir tamén a todos, para olvidarnos da clasificación e das cousas externas, e centrarnos en traballar e en mellorar tanto colectiva como individualmente, porque hai moita marxe de mellora, cun grupo estupendo de cativos que se ben agora non están ao seu mellor nivel, estou seguro de que con moito traballo nos adestramentos dentro duns meses estaremos a falar doutras cousas.
 Polo tanto, non queda máis que felicitar ao San Sadurniño pola súa vitoria e a súa deportividade e animar aos nosos, os 17 xogadores que compoñen o plantel a seguir traballando igual ou mellor que ata agora, porque a tempada é moi longa e a marxe de mellora de cada un tamén é moi grande.

 O próximo sábado ás 11 da mañá novo partido no pequeño campo de Atios en Valdoviño ante o Amistade Meirás, onde intentaremos recuperar a nosa cara habitual. ¡¡¡Xuntos podemos, vémonos en Valdoviño¡¡¡


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.