Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMACIA, 6 - PERLÍO, 3
 
 

ALEVÍNS. NUMACIA, 6 - PERLÍO, 3

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS NUMANCIA -PERLÍOTERCEIRA VITORIA CONSECUTIVA

Terceira xornada da liga alevín na que o equipo do Numancia disputou o seu partido cun dos equipos do CCRD de Perlío

17 de outubro de  2009

NUMANCIA: Nando, Adrián, Emilio, Nico, Antón, Pablo, Carlos, Miguel, Fran M., Piñeiro, Alexis e Luís.
 
GOLES: Antón (2), Alexis (2), Carlos e Pablo.
 
ÁRBITRO: D. Cristian Santos González (Delegación de Ferrol)
 
COMENTARIO: . Nunha tarde de venres marabillosa para a práctica do fútbol os nosos xogadores levarónse un partido no que quizais poida levar a engano o resultado, xa que o Numancia errou moitisimas ocasións de gol, así como o Perlío tamén tivo algunha opción máis para ampliar a súa conta, conquerindo 2 dos seus 3 goles nos últimos 5 minutos, cando xa a victoria era moi clara para o Numancia.
 Partido bonito, con bo xogo no equipo aresán, tratando ben o balón e facendo xogadas polas bandas, aproveitando a velocidade dos seus interiores.
 Destacar a importante participación dos 17 xogadores do plantel. Nestes partidos de liga. 17 xogadores a disposición dos adestradores nos entrenamentos e para facer a convocatoria é algo que penso que poucos equipos poden decir. Un auténtico luxo.
 Neste partido quedaron 5 xogadores de segundo ano sen convocar, seguindo a política de rotacións e de igualdade de oportunidades para todos. Os xogadores de primeiro ano colleron protagonismo neste partido, conseguindo 5 dos 6 goles do equipo e facendo un bo partido diante dun equipo que se cerrou e xogou á contra, un Perlío fisicamente máis forte neste partido. Importante polo tanto a participación de todos os xogadores, sabendo que todos son importantes e que xogue quen xoge e sexa quen sexa o rival, a o estilo do xogo tratando ben o balón e a filosofía de ser un equipo deportivo e desfrutar xogando está por enriba de calquera outro aspecto.
 A vindeira fin de semana nova visita ás instalacións de A Malata para xogar co equipo do Racing de Ferrol “C” un dos equipos a priori fortes do grupo, xunto o Meirás. ¡¡¡Vémonos a semana que vén na Malata¡¡¡
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.