Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. R. FERROL E , 1 NUMANCIA, 15
 
 

ALEVÍNS. R. FERROL E , 1 NUMANCIA, 15

SDR NUMANCIA. ALEVÍNS. R.FERROL E - NUMANCIA. OUTUBRO 2009VITORIA CLARA NA MALATA

Segundo partido da liga alevín, grupo 2º, disputado na Malata nunha mañá de sábado chuviosa.

10 de outubro de  2009
 
NUMANCIA: Nando, Adrián, Emilio, Óscar, David, Piñeiro, Fran F. (Capitán), Antía, Carlos, Alexis, Miguel e Sergio.
 
GOLES: Carlos (5), Sergio (2), Miguel (2), Antía (2), Piñeiro (2), Emilio e Fran.
 
ÁRBITRO: D. Pablo Otero Barrio (Delegación de Ferrol) Seiva nova para o colectivo arbitral.
 
COMENTARIO: O partido foi un pouco desigual e xa desde os primeiros minutos o Numancia púxose por diante no marcador con varios goles de astucia e acerto. Houbo boas xogadas en ataque e tamén algún desconcerto na defensa. Ao descanso chegouse co resultado de 1 – 10. Na segunda parte vimos bos momentos de toque desde atrás, entradas polas bandas e xogadas bonitas, sempre respectando aos nenos do R. Ferrol E. Así se foron sucedendo os goles, coa participación de todos os nenos. É importante ver como os chavales de primeiro ano van collendo experiencia e confianza, así como os de segundo ano tiran do carro.
Animar aos nenos e nenas do R. Ferrol E, equipo de primeiro ano, que conta cunha moi boa gardarredes, a seguir disfrutando do fútbol durante esta liga.
E nós ao noso, a seguir adestrando duro e intentar xogar ben ao fútbol, sen obsesionarse polo resultado, considerando sempre que estamos para aprender.
 
 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.