Alevíns: Numancia, 15 - Canido 0
Bo xogo e festival de goles no debut ligueiro en Prados Vellos.
Prados Vellos 03/10/09
NUMANCIA: Nando, Adrián, Fran M., Nico, Pablo, Fran F. (capitán), Antón, Sergio, Luís, Carlos, Óscar e Carlos Piñeiro.
Goles: Fran F. (4), Luís (3), Carlos (3), Sergio (2), Antón (1), Pablo (1) e 1 en propia meta.
Árbitro: D. David Brito Regadera (Delegación de Ferrol)
Primeiro partido do grupo 2 da liga alevín na que está mergullado o noso equipo, ante un rival o Canido que se presentou con 4 alevíns e o resto benjxamíns. Partido cómodo para os nosos nenos, que trataron de xogar o balón na primeira parte, onde quizais estiveron algo espesos, aínda que os goles foron chegando grazas á superioridade física e ao acerto no remate.
Tras o descanso, o equipo xogou moitísimo mellor, tocando o balón de banda a banda, sen présas por marcar un maior número de goles e facendo xogadas bonitas para goce dos espectadores que nos acompañaron nesta asollada mañá do primeiro sábado de outubro.
Pintan ben estes rapaces que cunha mestura de xogadores de segundo e primeiro ano poden dar partidos amenos e divertidos á afección, a condición de que sexan fieis á máxima dos adestradores este ano, tratar ben o balón.
Animar ao Canido a seguir competindo coa mesma deportividade e ilusión que demostraron hoxe.
Próxima parada A Malata para visitar a un dos moitos equipos da escola do Racing de Ferrol, neste caso ao Racing de Ferrol 'E' o próximo fin de semana.