Inicio Noticias Alevíns Alevíns. O Numancia (A) perde o liderato.
 
 

Alevíns. O Numancia (A) perde o liderato.

13 de Decembro de 2008 .

No partido da 11ª xornada da 1ª autonómica alevín do grupo 1º disputado en Prados Vellos (Ares), o equipo local da S.D.R. Numancia (A) caeu derrotado pola E.F. Racing de Ferrol ‘A’ por 1 tanto a 3.


Polo equipo local xogaron inicialmente: Quique, Verónica, Martín (1 gol), Carlos, Iván, Miguel e Alberto para logo ir entrando en xogo, Fran, Marcelo, Brais e Roberto.

O equipo visitante adiantouse no marcador na primeira metade batendo ao meta local Quique. No segundo tempo os locais parecían reaccionar e lograban o empate grazas a unha falta directa moi ben sacada por Martín desde o lado dereito do ataque ante a que o porteiro racinguista nada puido facer. Pero a reacción dos aresáns foi neutralizada polos ferroláns que en dous novos ataques conseguiron bater a meta, agora defendida por Roberto, deixando no marcador o 1-3 definitivo.

O partido foi moi emocionante xa que enfrontaba ao primeiro (Numancia) e segundo (Racing) clasificado. Tralo partido os do Racing quedan primeiros e os numantinos segundos á espera de que se dispute o partido aprazado entre Narón e Portuarios para dar por concluída esta primeira volta do campionato.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.