ALEVÍNS. NEDA, 4 - NUMANCIA, 8

DEBUT DE MAODO

No partido xogado onte en Neda, debutou cos alevíns do Numancia un rapaz senegalés que levaba varios meses esperando por este día.
 
 
 
Ares, 20 de maio de 2016
 
MAODO MALICK GUEYE, natural de Senegal e con residencia en Ares desde xa hai varios meses, por fin cumpriu o seu soño e puido debutar coa camisola do Numancia. 
Foron semanas e meses preguntando a ver cando podía xogar xunto cos seus amigos, cando podería participar nos partidos oficiais. Un neno de 11 anos que quere integrarse nunha cultura diferente, cunhas linguas distintas, con outros costumes, un rapaciño que ve como non hai trabas para poder ir á escola pero si para xogar. Inexplicable que unha disposición dun organismo deportivo europeo non facilite a integración senón todo o contrario. Pero agora xa todo está superado e compensa con ver a alegría de Maodo no seu primeiro partido, unha felicidade compartida cos seus amigos e compañeiros de cole. 
 
Amigo Maodo, benvido á familida do NUMAN!
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.