Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. O FREIXO “B”, 2 – NUMANCIA, 0.
 
 

ALEVINS. O FREIXO “B”, 2 – NUMANCIA, 0.

BO XOGO A PESAR DO RESULTADO

Partido correspondente a 10ª xornada de liga (1ª fase) alevín, grupo B, disputado o venres 20 de novembro, ás 18:30 h, no campo de Río Seco (Narón) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 0 - 0.


FICHA TECNICA

O FREIXO “B”: Aitor, Manuel, David Pardo (C), Hugo, Ismael, Rubén, Hugo Teijido e David Llera. Tamén xogaron laura, Mario, Alberto, Carlos e Marcos.

Adestrador: Jorge López Méndez.

Delegado: José López Lamas.

NUMANCIA: Miguel Martínez, Raúl, Iván, Miguel Leira, Marcos (C), Aarón, Lucas e Manu. Tamén xogaron Miguel Iglesias, Diego e Martin.

Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.

Delegado: Carlos Arnoso Torrente.

ARBITRO: Brais Leira Fernández. Sen incidencias.

COMENTARIO:

Na penúltima xornada da primeira fase, visitábamos o campo do Freixo B, na tarde do venres. Nun enfrontamento directo que saldouse a favor dos locais...

Comenzou o partido e o xogo e as ocasións foron para o Numancia que soubo xogar o balón e cerrar os espacios dos locais que non sabían como chegar a portería, e as poucas veces que chegaron foron desvaratadas pola defensa ou o porteiro. Mentres os visitantes non eran quen de aproveitar as súas ocasións. E así chegamos ao descanso cun 0 a 0 no marcador que deixaba o partido aberto para a segunda metade.

Segunda metade que comenzou como a primeira, levando os de Ares o peso do xogo e cerrando espacios e con moitas recuperacións, mais con poucas oportunidades, e as que xurdiron eran resoltas polos porteiros, ata que no minuto 37 nun despexe da defensa numantina que quedou curto, aproveitarono os locais para adiantarse cun forte disparo desde fora da área. Tocaba loitar e remontar o encontro, pero a pesar das gañas e o bo xogo o gol non chegaba e pouco despois, no minuto 39 mentres o Numancia buscaba o empate, nun desaxuste nas marcas chegou o segundo para os locais, cun centro desde a dereita e remate do dianteiro so no interior da área. E aquí morreu o partido, a pesar de que o Numancia seguiu xogando e buscando o gol que o meterá no partido, gol que non chegou. De novo xogando ben o Numancia non logrou sumar os puntos, mais seguimos mellorando e facendo un bo xogo, que a bo seguro terá os seus resultados nun futuro.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.