Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. RAPIDO DE NEDA, 4 – NUMANCIA, 3.
 
 

ALEVINS. RAPIDO DE NEDA, 4 – NUMANCIA, 3.

PARTIDO INTENSO E DESPUTADO ATA O FINAL

Partido correspondente a 7ª xornada de liga (1ª fase) alevín, grupo B, disputado o sábado 31 de novembro, ás 11:10 h, no campo municipal Juan González (Neda) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 1 - 0. 

 

FICHA TECNICA

RAPIDO DE NEDA: Marcos, Iván, Oscar, Mario, Marcos, Iago, Hugo Mato e Iker (C). Tamén xogaron David, Unai, Martín, Daniel e Hugo Porta.

Adestrador: Manuel Amado López.

Delegado: Rene Pereira Beceiro.

NUMANCIA: Hugo, Marcos Rey, Lucas, Iván, Marcos Margharetto (C), Aarón, Miguel Leira e Manu. Tamén xogaron Miguel Iglesias, Martín, Carlos e Raúl.

Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.

Delegado: Carlos Arnoso Torrente.

ARBITRO: Pablo Bustabad Gomes. Sen incidencias.

COMENTARIO:

Na séptima xornada os alevins do Numancia visitaban ao Neda, e comenzou o partido cun Numancia moi centrado, e xogando o balón, facendo que os locais non o tiveran, pero no minuto 7, nun desaxuste defensivo e varias dúbidas, o Neda adiantabase no marcador. Máis o Numancia seguía xogando e tendo ocasións pero que non foron quen de materializar, mentres os locais as poucas ocasións que tiveron foron descartadas pola defensa ou Hugo que fixo un par de paradas de mérito. E así chegamos ao descanso co Numancia atacando e levando o peso do encontró, pero cun marcador de 1 – 0 en contra.

Comenzou a segunda parte igual que a primeira, coa posesión para os visitantes, que nunha rápida xogada con moito toque e participación de todo o medio campo e o ataque, logrou o empate Marcos, no minuto 26; seguiu o Numancia coa posesión e recuperando moitos balón, pero nunha xogada local que acabou en córner volveronse a adiantar no marcador, no minuto 32. Catro minutos despois nunha boa xogada de equipo que rematou cunha parede en ataque, novamente Marcos logrou empatar o partido no minuto 36. Seguían xogando e recuperando o balón e moi metidos no partido os numantinos, e así nunha recuperación en ataque Iván volvía adiantar no marcador os de Ares no minuto 38. A partir de aquí houbo ocasións para ambos equipos, mentres o Numancia quería o control do balón, o Neda pelexaba por recuperar o marcador, e nunha sucesión de fallos nas marcas lograron o empate os locais no minuto 46. E de aquí o final o encontro entrou nunha fase moi aberta pero con poucas ocasións, neste descontrol do xogo os locais remataron a rede un balón dividido que resultou definitivo no minuto 48 para poñer o 4 - 3, no mellor partido que xogamos desta temporada con moi trato do balón, xogo rápido e combinativo e boas coberturas, pero no que algúns erros e despistes fixeron que os puntos quedarán en Neda.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia terán xornada de descanso.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Galería fotográfica xentileza de Domingo García.

  



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.