ALEVINS. NUMANCIA, 1 – CEDEIRA, 8.

PARTIDO PERDIDO NA MEDULAR

Partido correspondente a 6ª xornada de liga (1ª fase) alevín, grupo B, o sábado 24 de outubro, ás 11:10 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 0 – 5.
 

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Miguel Martínez, Diego, Iván, Marcos Rey, Marcos Margharetto (C), Miguel Leira, Lucas e manu. Tamén xogaron Hugo, Martín Miguel, Carlos, Miguel Iglesias e David.

Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.

Delegado: Carlos Arnoso Torrente.

CEDEIRA: Víctor, Marcos, Fabio, Mathias, Alfonso, Rafael, Manuel e Vicente (C). Tamén xogaron Marina e Nuno.

Delegado: Antonio Aneiros Rodríguez.

ARBITRO: Cristian Vidal Bouza. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Marcos Rey.

Cedeira: Rafael (3), Alfonso (2), Nuno (2), e Manuel.

COMENTARIO:

Na sexta xornada visitaba ao Numancia o segundo clasificado, o Cedeira; e a pesar das gañas dos locais foron os visitantes os que se adiantaron no marcador ao pouco do comezo,no minuto 4, nun desaxuste que comenzou no campo contrario con varios fallos nas marcas, e tocaballe os locais loitar para levantar o partido. Pero os visitantes cun bo xogo combinativo e un medio campo moi atento e participativo, non tivo problemas para frenar os ataques locais que na primeira parte correron moito detrás do balón, máis non podían recuperalo, e así chegou o segundo no minuto 10 e un minuto despois o terceiro. O Numancia seguía a loitar pero non conseguía facerse forte e manexar o tempo do encontro, e na mesma dinámica chegou o cuarto, no minuto 15, e o quinto, antes do descanso no minuto 24, co que chegamos ao descanso.

O partido presentabase difícil para os locais na segunda parte, que comenzou con moitas gañas e máis fútbol para o Numancia que a primeira, con control do balón e moitos movemento, logrou unha falta escorada a dereita no minuto 31 que transformou Marcos Rey para recortar distancias e poñer o 1 - 5 no marcador que daba algunha esperanza os locais; pero o Cedeira recuperou o balón no medio do campo e con él o ritmo do partido para volver a aumentar a vantaxe, no minuto 33, e aquí morreron as opción locais de puntuar, a pesar de seguir intentando recortar distancias no marcador, o xogo dos visitantes na medular fixo que pouco a pouco os ataques locais perderán forza e intensidade e o Cedeira levará o ritmo do xogo ata a final do encontro, e aumentará a diferencia no minuto 40 e de novo no 48 para lograr o definitivo, 1 - 8, do que os locais temos que sacar boas conclusións, xa que a pesar de non xogar mal houbo momentos de desconcerto no que se foi o partido.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia xogarán a domicilio nas instalacións Juan González de Neda fronte o Rápido de Neda.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.