Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. DEPORTIVO NARON, 2 – NUMANCIA, 3.
 
 

ALEVINS. DEPORTIVO NARON, 2 – NUMANCIA, 3.

PARTIDO INTERESANTE ATA O FINAL

Partido correspondente a 5ª xornada de liga (1ª fase) alevín no grupo B disputado na tarde do venres 16 de outubro, ás 19:30 h, no Cadaval (Narón) e que rematou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de empate a uns.


FICHA TECNICA

DEPORTIVO NARON: Pablo (C), Marcos, Hugo Seijas, Miguel, Yago, Anxo, Iago e Martín. Tamén xogaron David, Hugo Acción, Alejandro, Javier e Hugo Fernández.

Adestrador: Borja Pereira Bouza.

Delegado: Alberto Graña Pérez.

NUMANCIA: Miguel Iglesias (C), Raúl, Martín Miguel, Marcos Rey, Marcos Margharetto, Aarón, Miguel Leira e Manu. Tamén xogaron Diego, Iván, Carlos e Lucas,

Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.

Delegado: Carlos Arnoso Torrente.

ARBITRO: Pablo Bustabad Gomes. Sen incidencias.
Numancia de Ares.
Visitaba o Numancia ao Deportivo Narón na quinta xornada, e comezou un partido no que os numantinos tiveron moito balón e posesión, así como algunha ocasión, pero serían os locais na súa primeira ocasión os que se adiantarían no marcador no minuto 8, nunha boa contra finalizada por Marcos; e desde ese momento o partido igualouse moito, e o Naron tivo algunha ocasión máis que desbaratou Miguel cunhas boas paradas. Mediada a primeira parte, no minuto 16, Iván lograba o empate nunha xogada de ataque do Numancia, que facia xustiza ao visto ata o momento. Xa que desde que se quedara por detrás no marcador o Numancia loitou por levantar o partido, ainda que con algún desaxuste no xogo que facilitaba as chegadas dos locais, e que unhas veces Miguel na portería e noutras a defensa e as axudas defensivas evitaron os goles. E así co empate a uns chegouse o descanso.

Na segunda parte o Numancia saiu moi máis metido no partido, e rápidamente, no minuto 27 nunha xogada moi rápida, o balón chegou a área do Narón, e era rematado por Diego ao fondo da rede local; para adiantar os de Ares. A partir de aquí chegaron os mellores minutos de xogo, e fruto disto, no minuto 28 cun penalti a favor dos de Ares e que transformou Marcos Rey chegaba o 1 – 3. Seguiuse xogando e tendo boas ocasións ata que no minuto 35 nun fallo defensivo os locais plantaronse sós diante do porteiro e Martín poñía o 2 - 3 no marcador. O gol fixo que o Narón se crecerá no seu xogo e pouco a pouco foi encerrando no seu campo ao Numancia, que soubo manter o marcador e incluso tivo algunha ocasión máis, como os locais que tamén tiveron as súas, pero finalmente o marcador xa non se movería ata o final, onde o Numancia levouse os tres puntos.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita da SD Cedeira.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.