ALEVINS. NUMANCIA, 2 – O FREIXO, 1.
EMOCION ATA O FINAL
Partido correspondente a 4ª xornada de liga (1ª fase) alevín no grupo B disputado na tarde do pasado venres 9 de outubro, ás 18:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de empate a uns.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Miguel Iglesias, Aarón, Miguel Leira, Manu, Iván, Marcos Rey, Marcos Margharetto (C) e Lucas. Tamén xogaron Raúl, Diego, Martín Miguel e Carlos.
Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.
Delegado: Carlos Arnoso Torrente.
O FREIXO: Rubén, Brais, Ricardo, Aimar, Miguel, Yerai, Lino e Borja (C). Tamén xogaron Xabier, Lucia, Álvaro e Daniel.
Adestrador: José M. Pérez Trinida.
2º adestrador: Javier Paz Naveiras.
Delegado: Ricardo Martínez González.
ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.
GOLES:
Numancia: Marcos Rey e Iván.
O Freixo: Ricardo.
Xogaba o Numancia na casa na tarde do venres contra O Freixo, e comenzou o partido con boas intencións por ambos equipos e moita presión en todo o campo, e da presión no minuto 3 xurdiu unha falta favorable o Numancia que aproveitou Marcos Rey para adiantar os locais no marcador. Pero rápidamente conseguiron o empate os visitantes, xa que por medio dun erro defensivo lograban empatar o encontro no minuto 5. E a partir de aquí o partido discurriu con intensidade e gañas de xogar polos dous equipos.pero o resultado non cambiou ata o descanso grazas a varias boas paradas de Miguel e a falta de acerto dos puntas numantinos.
Comenzou a segunda parte cun Numancia moi centrado e un Freixo que pouco a pouco foi perdendo a posesión e con ela parte do seu xogo, ainda que dispuxo dalgunha ocasión desbaratada pola presión dos locais e de novo por Miguel que tivo unha moi boa tarde. Mentres o Numancia crecía no seu xogo e pouco a pouco ia chegando máis, e con mais claridade, e con moita presión e atención ao partido. Cando todo parecía que remataria en empate, unha contra rápida do Numancia cun Iván que non deu o balón por perdido tivo o seu premio e logrou o 2 - 1 no minuto 48, sen tempo para que O Freixo reaccionará, e conseguido que os 3 puntos quedarán na casa.
O próximo fin de semana os alevíns do Numancia viaxarán ata Narón onde xogarán a domicilio no Cadaval fronte o Club Deportivo Narón.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.