ALEVINS: AS PONTES “B”, 5 – NUMANCIA, 5.

PARTIDO MOI ENTRETIDO NO POBOADO

Partido correspondente a 3ª xornada de liga (1ª fase) alevín no grupo B disputado na maña do pasado sábado no campo de O Poboado entre o As Pontes “B” e o Numancia con resultado final de empate a cinco. Ao descanso o resultado era de 4 – 2.
 

As Pontes, 3 de outubro de 2015.

FICHA TECNICA:

AS PONTES “B”: Pablo, Paula (C), Anxo, Sergio, Diego, Eloy, Alejandro e Martín. Tamén xogaron Iago, Ángel e David.

Adestrador: Héctor Antón Fernández.

Delegado: Santiago Exposito Bahamonde.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Diego, Marcos Rey, David, Aarón (C), Lucas e Manu. Tamén xogaron Raúl, Martín, Iván, Marcos Margharetto, e Miguel Leira.

Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.

Delegado: Carlos Arnoso Torrente.

ARBITRO: Miguel Ángel Formoso Díaz. Sen incidencias.

GOLES:

As Pontes “B”: Alejandro (4) e Sergio.

Numancia: Marcos Rey (2), Diego (2) e Lucas.

COMENTARIO

Na tercera xornada o Numancia visitaba o campo de  As Pontes e moi pronto, no minuto 3 adiantabanse os locais mentres o Numancia intentaba adaptase a un campo novo, pero antes de facelo no minuto 12 As Pontes poñía o 2 - 0 no marcador que non dudaría moito xa que Diego un minuto despois recurtaba distancias, nun partido con moitas ocasións e moi vivo, no que os goles seguirían chegando, así cae o 3° para os locais pero Lucas cun zapatazo desde fora da área volvía a reducir distancias no minuto 24, máis antes do descanso marcou de novo As Pontes, e cun 4 - 2 o seu favor marchamos o descanso.

Mais comenzou a segunda parte e con ela os mellores momentos do Numancia que rápidamente recortou distancias cun gol de Marcos Rey para poñer o 4 - 3, e que novamente repiteu no minuto 40 para empatar o partido cunha falta directa, momento no que sucedíanse as ocasións, e os dous equipos estaban moi metidos no partido, e foi Diego no minuto 48 quen conseguiu poñer por diante ao Numancia por primera vez no partido, pero nunha rápida xogada os locais conseguirán empatar, case sen tempo para nada máis, para levar o 5 - 5 final nun partido moi disputado e con intensidade ata o final.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do Freixo.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Galería fotográfica cortesía de Domingo García.
 

 



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.