Inicio Noticias Alevíns ALEVINS: NUMANCIA, 0 – R. SAN PEDRO, 11.
 
 

ALEVINS: NUMANCIA, 0 – R. SAN PEDRO, 11.

PARTIDO DESIGUAL EN PRADOS VELLOS

Partido correspondente a 2ª xornada de liga (1ª fase) alevín no grupo B disputado na maña do pasado sábado no campo de Prados Vellos entre o Numancia e o R. San Pedro con resultado final de 0 – 11. Ao descanso o resultado era de 0 – 3. 

Ares, 26 de setembro de 2015.

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Iván, Marcos Margharetto (C), Aarón, Miguel Leira, Lucas e Manu. Tamén xogaron Raúl, Diego, Marcos Rey e David.

Adestrador: Cesar Viñas Piñeiro.

2º adestrador: Carlos Arnoso Torrente.

Delegado: Xoan Manuel Vázquez Vázquez.

R. SAN PEDRO: Adrián, Manuel, Edu (C), Semanegn, David Maneiros, Raúl, Kevin e Ángel. Tamén xogaron Mario González, Martín, Mario López, David Varela e Iván.

Adestrador: Jorge Martín Varela.

Delegado: Steven Campos Mouriz.

ARBITRO: Cristian Vidal Bouza. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: Kevin (min. 3), de disparo desde tres cuartos de campo.

0 - 2: Kevin (min. 10), perda de balón dos de Ares co que se fai Kevin para bater a Miguel nun man a man.

0 - 3: Mario González (min. 18), só ante o porteiro local pícalle o balón ante a saída deste.

0 - 4: Semanegn (min. 30), centro desde a esquerda e Semanegn sen marca na área remata a pracer.

0 - 5: Mario López (min. 34), de disparo cruzado desde o vértice esquerdo da área.

0 - 6: Raúl (min. 37), de disparo desde a frontal da área.

0 - 7: Martín (min. 42), centro desde a esquerda que remata de cabeza Martín en boca de gol.

0 - 8: David Maneiros (min. 45), centro desde a esquerda que remata David libre de marca dentro da área

0 - 9: Martín (min. 47), saque de esquina e remate de cabeza de Martín.

0 - 10: Kevin (min. 48), disparo que rexeita o porteiro local, Kevin tírase en plancha e remata de cabeza ao fondo da rede.

0 - 11: Ángel (min. 49), forte disparo de Ángel desde o lateral dereito da área que se coa entre o pau e o porteiro local.

COMENTARIO:

Presentabase a segunda xornada, e o Numancia xogaba na casa fronte ao líder do grupo. Comenzou o partido cos dous equipo mostrando as súas armas: o San Pedro con moito toque e unha gran presión, e o Numancia buscando as bandas e a velocidade das súas puntas.

Pero no minuto 3 un erro defensivo do Numancia facilitou o primer tanto do San Pedro, que novamente no minuto 10 e de novo por medio doutro erro defensivo, lograba a 0 - 2, que ata o momento non reflexaba o visto no campo de xogo, logo o resto da primeira parte mantivose igualada, sen moitas ocasións nin para uns ni outros. Ata que no minuto 18 o San Pedro lograba o 0 - 3 debido a un desaxuste do equipo aresán que poñía o partido moi complicado para os locais.

Mais comenzou o segundo tempo e no Numancia non renunciaba ao partido, e seguía presionando e buscando as súas ocasións, pero nunha rápida xogaba o rival poñia o 0 - 4 ao pouco de comezar a segunda parte; e este gol supoxo o final do partido, a partir do cal o Numancia non foi quen de seguir loitando e foro caendo os goles e as ocasións para un San Pedro que nesta segunda parte sí foi moi superior e rematou o partido cun contundente 0 - 11.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

 



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.