Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. ADESTRADOR 2015-16
 
 

ALEVÍNS. ADESTRADOR 2015-16

CÉSAR VIÑAS DIRIXIRÁ O NUMANCIA ALEVÍN

Sete anos despois da súa experiencia co Numancia, César retorna aos banquiños de Ares, nesta ocasión coma adestrador do equipo alevín.
 
 
 
Ares, 21 de xullo de 2015
 Numancia de Ares. Cesar Viñas.
Na temporada 2007-08 dirixira o equipo de biberóns do Numancia no que estaban nenos coma Pablo Cartelle, Mario, Samuel, Migui, Naim... Na 2008-09 ademais dos biberóns compaxinaba as suas tarefas adestrando o equipo prebenxamín "A" no que estaban nenos coma Saúl, Martín, Jaime, Iván, Fran ... tendo que deixar o club por motivos de traslado laboral. Actualmente traballa coma mestre de Educación Física nunha escola da comarca, o que lle facilita este regreso ao noso club.
 
Titulado coma Técnico Animador en Actividades Físicas e Deportivas, coma monitor de Fútbol Sala e co título de Adestrador de Fútbol, nivel I, alén de ter realizado múltiples cursos de distintos deportes, desde voleibol, natación, windsurf, vela, baloncesto, frontón, judo, … actividades nas que traballou, e que xa caracterizan de por si a César coma un deportista total, no ámbito do fútbol as súas experiencias céntranse na súa estadía como monitor nas escolas de fútbol e fútbol sala de Pontedeume, así coma unha temporada dirixindo os xuvenís do Cabanas, sen esquecer o xa mencionado paso polo Numancia.
 
Podemos concluír, pois, en que o Numancia vai contar no seu cadro técnico cunha persoa dunha formación académica e profesional excepcional, amén dunha experiencia moi completa. Porén, os que coñecemos a César e o vimos traballando cos nenos, sabemos do seu trato exquisito, da súa empatía e corrección con eles, reunindo todas as condicións para que a nosa entidade lle confíe os nenos con total confianza e tranquilidade.


 
Numancia de Ares. Equipo Biberóns Temporada 2007-2008 Numancia de Ares. Equipo Prebenxamín "A" temporada 2008-2009

 

 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.