ALEVINS. TORNEO DE F-8 DA SCDR ANIMAS.

GRAN PAPEL DOS ALEVÍNS NA GÁNDARA

O pasado sábado, disputouse nas instalacións de A Gándara en Ferrol o I Torneo da SCDR Ánimas de Ferrol nas categorías de biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Nesta última o Numancia participou cun equipo disputando os seguintes partidos dun tempo de 25 minutos:

 


Ferrol, 30 de maio do 2015.

NUMANCIA: Martina, Manuel, Pablo, Chechu, Martín, Migui, Jaime, David, Iván Saavedra, Marcos Margharetto e Miguel Leira.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

10:00: NUMANCIA 1 – GALICIA DE CARANZA 0.

Partido de dominio claro dun Numancia que dispuxo de boas ocasións de gol. O tanto de Jaime daba a vitoria aos numantinos no primeiro partido da mañá.

12: 00: NUMANCIA 0 – EUME DEPORTIVO 3.

Vitoria clara dos eumeses nun partido onde foron algo superiores e onde sobretodo foron moi efectivos ante un Numancia que non estivo ben neste encontro.

13:00: NUMANCIA 1 – CEDEIRA 0.

Os aresáns necesitaban a vitoria para clasificarse para as semifinais. Despois de moito atacar e de asediar a portería cedeiresa, David atopaba ó premio a cinco minutos do final anotando o tanto que daba a vitoria e o pase ao Numancia.

18:00: ÁNIMAS 1 – NUMANCIA 0 (SEMIFINAL)

Na xornada de tarde, o Numancia disputaba as semifinais do Torneo ante o equipo anfitrión. Os numantinos reclamaron un penalti que o colexiado non observou como tal. O gol dos locais apartaba ao Numancia da final.

20:00: NUMANCIA 1 – CEBARCA 1 (7 - 8 pp) (3º e 4º posto).

Final de consolación para Numancia e Cebarca que empataban a un tanto, sendo o gol do Numancia de Pablo. Na quenda dos penaltis que contou con lanzamentos bastante curiosos e polémicos estiveron máis acertados os de Cerdido que conseguían a terceira posición no Torneo.

En defintiva, gran papel dos alevíns do Numancia axudados por ata catro xogadores de categoría benxamín. Un equipo que mesturaba veteranía con xogadores que pasarán para infantís con xogadores que serán a base do equipo alevín da próxima temporada e que conseguiron un meritorio 4º posto neste Torneo en A Gándara.

Felicitar ao SCDR Ánimas pola magnífica organización do Torneo agradecendo tamén a sua invitación ao Numancia para participar na categoría alevín.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

I Torneo de Fútbol- 8 SCDR Ánimas (30/05/2015)I Torneo de Fútbol- 8 SCDR Ánimas (30/05/2015)

 

 

 

 

 

I Torneo de Fútbol- 8 SCDR Ánimas (30/05/2015)I Torneo de Fútbol- 8 SCDR Ánimas (30/05/2015)

 

 

 

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.