ALEVINS. NUMANCIA, 1 – R. SAN PEDRO, 0.

O MELLOR O RESULTADO.

Vitoria dos alevíns por un a cero fronte o R. San Pedro en partido xogado na maña do pasado sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a última xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso con empate a cero.
 

Ares, 2 de maio de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Nacho, Chechu (C), Pablo, Martin Rodríguez, Migui, Jaime, Martina e Oscar. Tamén xogaron Sergio, Raúl, Diego, Martín Miguel e David.

Delegado: Alberto Alejandro Durán Morais.

R. SAN PEDRO: Adrián, Edu (C), Semanegn, Martín, David Maneiros, Raúl, David Varela e José. Tamén xogaron Manuel, Mario, Aarón e Kevin.

Adestrador: Steven Campos Mouriz.

Delegado: Jorge Martín Varela.

ARBITRO: Daniel Rodríguez Solloso. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: MIGUI (min. 44). Saque de esquina que remata Migui de media chilena estrelando o balón no longueiro, do rexeitamento aprovéitase o propio xogador para marcar.

Visitaba na mañá do sábado as instalacións de Prados Vellos, no que sería o último partido de liga, o R. San Pedro, segundo clasificado do grupo 2.

Comezaba o encontro cunha maior posesión e oportunidades por parte dos ferrolanos, como correspondía dada a diferenza de postos na táboa e a súa pelexa particular por acadar o subcampionato. Ainda que o xogo estivo controlado polo San Pedro, poucas oportunidades de gol nos 25 primeiros minutos, destacando un gol anulado aos visitantes por fóra de xogo e un disparo ao pau dende fóra da área. Así co cero a cero inicial se chegaría ao descanso.

A segunda metade comezou máis igualada pero sen claras ocasións de gol, ata que nun saque de esquina local Migui enganchaba unha volea de media chilena que despois de golpear no longueiro remacharía él mesmo subindo o 1 - 0 ao marcador. Os últimos minutos foron un asedio constante por parte visitante, dispoñendo éstes de boas ocasións para empatar o partido, a máis clara un disparo de Edu que se estrelaba no pau. Os de Ares defenderon o resultado con uñas e dentes para finalmente facer valido o gol de Migui e levarse a vitoria.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia terán xornada de descanso.

Aproveitamos a ocasión para desexarlle ao R. San Pedro alevín unha feliz viaxe e unha boa estanza na súa aventura internacional por terras suízas. Sorte e pasadeo ben.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.