ALEVINS. CEDEIRA, 2 – NUMANCIA, 3.

PARTIDO CÓMODO.

Vitoria a domicilio do equipo alevín do Numancia por tres goles a dous fronte o Cedeira en partido xogado na maña do pasado sábado en O Beco. O encontro correspondente a 15ª xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de cero a un.

 


Cedeira, 11 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA

CEDEIRA: Iván, Carlos, Raúl, Antón, Juan, Yago, Laura (C) e Álvaro. Tamén xogaron Iago, Elliot e Xose.

Delegado: Esteban Blanco Garrote.

NUMANCIA: Nacho, Chechu, Pablo, Martín Rodríguez, Migui, Jaime, Lucas (C) e Martina. Tamén xogaron Miguel, Raúl, David, Sergio, Telmo e Manu.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.

ARBITRO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Sen incidencias.

GOLES:

Cedeira: Juan e Xose.

Numancia: Pablo, Martina e Migui.
Numancia de Ares. Alevíns.
Partido moi disputado nos primeiros minutos, onde houbo ocasións por parte dos dous equipos ata que no minuto 9 os de Ares se adiantaban no marcador por medio dun penalti materializado por Pablo. A primeira parte continuou cun lixeiro dominio por parte do Cedeira aínda que sen crear ocasións de perigo. Co resultado de 0 - 1 chegábase ao descanso.

A segunda metade comezaba cun claro dominio visitante, chegando así o 0 - 2 no minuto 27 despois dun córner botado por Migui e rematado por Martina de cabeza no segundo pau. Cinco minutos máis tarde chegaría o terceiro dos de Ares tras unha boa xogada de anticipación por parte de Jaime con chut que rexeita o porteiro e remacha Migui ao fondo da rede. Nos minutos finais o Cedeira conseguiría reducir diferenzas nunha boa contra finalizada por Juan, e posteriormente cun penalti transformado por Xose a falta dun minuto para o final. Sen tempo para máis chegábase ao final do partido co resultado de Cedeira 2 - Numancia 3.

O próximo fin de semana os alevíns do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do G. de Caranza “D”.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.