ALEVINS. NUMANCIA, 3 – R. DE NEDA “B”, 0.

DOMINIO VISITANTE, PERO MAIOR PEGADA LOCAL.

Vitoria do equipo alevín do Numancia por tres goles a cero fronte o R. de Neda “B” en partido xogado na tarde do pasado venres en Prados Vellos. O encontro correspondente a 14ª xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de un a cero.

 


Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas do accidente aéreo dos Alpes.

Ares, 27 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Nacho, Chechu, Diego, Pablo, Martín Rodríguez, Jaime, Lucas (C) e Martina. Tamén xogaron Miguel, David, Telmo e Martín Miguel.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.

R. DE NEDA “B”: Alejandro Dopico, Manuel, Abel (C), Alejandro Enes, Oscar, Lucas, Ruben e Adam. Tamén xogaron Alberto, Borja, Sergio e Mikel.

Adestrador: José Luís López Rodríguez.

Delegado: Alejandro Enes Rey.

ARBITRO: Álvaro Pita Fernández. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: DAVID (min. 17), pase en longo de Lucas ás costas dos defensas para David quen encara ao porteiro e ante a súa saída o supera por arriba.

2 - 0: MARTIN RODRIGUEZ (min. 44), forte disparo de Pablo dende o pico esquerdo da área do ataque aresano que rexeita o porteiro, do rexeitamento aprovéitase Martín Rodríguez para marcar a pracer.

3 - 0: PABLO (min. 49), balón que controla David próximo ao círculo central, pase en longo para Pablo que se vai dos defensores, encara a área e bate o porteiro por abaixo na súa saída.

Comezaba o encontro con claro dominio dos de Ares, dispoñendo de numerosas ocasións de gol. A partir do minuto 10 o encontro igualouse ata que nunha xogada sen aparente perigo Lucas consegue dar un pase en profundidade dende o medio do campo deixando a David só ante o porteiro, logrando así o primeiro gol para os locais. Con este resultado chegaríase ao final do primeiro tempo.

A segunda parte estivo dominada polos de Neda que puideron empatar cun remate a porta no que a defensa numantina conseguiu salvar na mesma liña de gol. O dominio e ocasións seguía sendo dos visitantes, ata que nunha contra ben levada por Diego e despois de disparo e múltiples rexeitamentos, é remachada por Martín logrando o 2 -0. Nos minutos finais Pablo sentenciaba o partido noutra contra local nun man a man co porteiro, subindo o 3 - 0 ao marcador.

Resumindo, partido con maior dominio visitante, pero no que os locais tiveron máis puntaría.

A próxima semana parase a competición liguera con motivo da Semana Santa. Ainda así os alevíns do Numancia participarán no III Torneo de Fútbol – 8 Concello de Mugardos, a celebrar no campo da Pedreira, o sábado 4 de abril.

A competición oficial de liga retomarase na segunda semana de abril, despois da Semana Santa, onde os alevíns do Numancia desprazaranse ata o campo de O Beco (Cedeira) para xogar o seu partido fronte o equipo da localidade

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.