Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. CARIÑO, 1 – NUMANCIA, 1.
 
 

ALEVINS. CARIÑO, 1 – NUMANCIA, 1.

RESULTADO INXUSTO

Empate a un do equipo alevín da ADR Numancia de Ares  fronte o Cariño na súa visita na maña do sábado ao Municipal de Cariño. O encontro correspondente a 11ª xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 0 - 1.

 



Cariño, 7 de marzo de 2015

FICHA TÉCNICA

CARIÑO: Daniel (C), Sergio, Cristián, manuel, Martín, Adrián, Raúl e Carlos. Tamén xogaron Mario, Hugo, Ania, Javier e Pablo.

Adestrador: José Luís Corral Piñón.

Delegado: María Corral Piñón.

NUMANCIA: Nacho, Pablo (C), Martín, Migui, Jaime, Lucas, Martina e Oscar. Tamén xogaron Miguel, Chechu, Raúl e David.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan Carlos Gómez Rivera.

ARBITRO: Christian Pérez Tejerina. Sen incidencias.

GOLES:

Cariño: Adrián.

Numancia: Pablo.
Numancia de Ares. Alevíns
Partido dominado polos de Ares nos primeiros minutos con numerosas ocasións de gol ata que no minuto catro tras un potente disparo de Migui que rexeita o porteiro, Pablo empurra o balón ao fondo da rede. O Numancia continuou dominando na primeira parte ata que no último minuto o Cariño conseguiu o empate nunha boa contra materializada por Adrián. A segunda metade seguiu totalmente dominada polos de Ares que ben puideron subir ao marcador algún gol máis se non fose polos paus e as paradas do porteiro local que foi con diferenza o mellor do partido. Aínda así o Numancia se podía ter levado o partido despois dunha falta executada dende o bordo da área por Migui a un minuto do final, na que o porteiro non consegue blocar e o balón remachao á rede o propio lanzador. Tanto que non subiu ao marcador por un fóra de xogo inexistente. Bo partido do Numancia que mereceu mellor resultado.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia recibirá en Ares no que será a 12ª xornada de competición ao Galicia de Caranza “C”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.