Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. R. SAN PEDRO, 2 – NUMANCIA, 0.
 
 

ALEVINS. R. SAN PEDRO, 2 – NUMANCIA, 0.

EN CAÍDA LIBRE

Derrota do equipo alevín da ADR Numancia de Ares por dous goles a cero fronte o R. San Pedro na súa visita na maña do sábado as instalacións da Gándara. O encontro correspondente a novena xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso con empate a cero.

 



A Gándara, 21 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA

R. SAN PEDRO: Adrián, Mario González (C), Manuel, Eduardo, Semanegn, David Maneiros, David Varela e Kevin. Tamén xogaron Aarón, Martín, Mario López, Raúl e José.

Adestrador: Steven Campos Mouriz.

Delegado: Jorge Martín Varela.

NUMANCIA: Nacho, Jaime, Lucas, Chechu, Migui (C), Diego, Martina e Oscar. Tamén xogaron Sergio, Martín Miguel, David e Raúl.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan C. Gómez Rivera.

ARBITRO: Daniel Pérez Barro. Sen incidencias.

GOLES:

R. San Pedro: Semanegn e Mario González.
Numancia de Ares. Alevíns.
Partido que os de Ares afrontaban con numerosas baixas ante o líder da clasificación. Nos primeiros instantes o partido estivo igualado aínda que a posesión se foi decantando cara aos de Ferrol a medida que transcorrían os minutos. Poucas ocasións durante a primeira parte e boa defensa por parte do Numancia, chegándose ao descanso co cero a cero inicial.

A segunda metade foi dominada claramente polos ferrolanos que se adiantaron no marcador á saída dun córner, rematado de cabeza por Semanegn no segundo pau cando corría o minuto 32. A partir do gol o partido entrou nunha dinámica aburrida e sen moitas ocasións ata que a falta de cinco minutos para o final, un disparo sen aparente perigo do capitán do equipo local, Mario González, se lle escapa ao meta aresano subindo o segundo tanto ao marcador, e que mataba definitivamente o partido.

Superior o San Pedro aos de Ares, con moito máis fondo físico, o que lle permitiu manter un ritmo alto de xogo durante todo o partido.

Con este resultado os de Ares encaixan a cuarta derrota consecutiva o que os fai caer ata a última posición na clasificación xeral.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia recibirá en Ares no que será a décima xornada de competición a O Val “B”. O equipo valexo ao igual que os aresáns tamén ocupa os postos da parte baixa da tabóa. Unha boa oportunidade para ambos de escalar alguna posición.

Máis información deste partido na web de MUCHA CALIDAD picando aquí.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.