ALEVINS: NUMANCIA, 1 – ANIMAS, 2.

A SORTE FOI ESQUIVA COS DE ARES

Derrota do equipo alevín da ADR Numancia de Ares por un gol a dous fronte o Ánimas na maña do sábado en Prados Vellos. O encontró correspondente a oitava xornada da 2ª fase da liga alevin no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 1 - 0.
 


Ares, 14 de febreiro de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Nacho, Chechu, Diego, Martín Rodríguez, Migui (C), Martina, Oscar e manu. Tamén xogaron Miguel, Raúl, Martín Miguel, Telmo e Sergio.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Juan Gómez Rivera.

ANIMAS: Mateo, Lucas, Valeria, Christian, Alba (C), Guillermo, Daniel e Diego. Tamén xogaron Jonathan, Iago e Hugo.

Adestrador: Pedro Pazos López.

Delegado: Zulay Pouso Tojeiro.

ARBITRO: Diego Bouza Pena. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Migui (min. 20), disparo de Migui dende o lateral esquerdo da área que toca o porteiro pero non e quen de evitar que o balón entre na portaría.

1 - 1: Daniel (min. 32), balón solto no bordo da área do que se aproveita Daniel para bater a Miguel.

1 - 2: Hugo (min. 50), córner a favor do Ánimas que remata Hugo ante a oposición de Chechu e Martín.

Na mañá do pasado sábado visitaba as instalacións de Prados Vellos a SRD Ánimas, equipo que xunto ao Numancia ocupaba a parte media baixa da clasificación. Sen dúbida unha boa oportunidade para ambos os dous de escalar posicións.

Comezaba o partido cun Ánimas que mostraba as súas credenciais cun disparo ao pau de Lucas nos minutos iniciais. Reaccionaban os locais e Diego enviaba ou balón por enriba do longueiro na primeira aproximación local. Na xogada seguinte, centro bombeado á área dos de Ares, o porteiro ferrolano non atalla e Oscar remata ao longueiro. O partido non tiña un dominador claro e as xogadas sucedíanse de forma alterna. No minuto dez contragolpe do Ánimas que finalizaba Diego cun disparo a queimarroupa ao que respondía Nacho cunha gran parada. Respondían os de Ares na xogada seguinte cun disparo de Oscar, pero novamente o balón chutado polo dianteiro local encontrábase co longueiro. E Diego pouco despois cruzaba o balón pero íase fóra por moi pouco nunha nova oportunidade local. No minuto vinte chegaría o gol de Migui, e con este resultado de 1 - 0 iriámonos ao descanso.

Na segunda metade saía mellor o equipo ferrolano e encerraban atrás aos numantinos. Polo que se vía no céspede, era cuestión de tempo que chegará o gol do empate. E éste producíase aos sete minutos da reanudación, obra de Dani, quen caza un balón solto no bordo da área. Non houbo reacción local e os ferrolanos continuaron poñendo couto á meta numantina. Foron varias as aproximacións con perigo do Ánimas, a máis clara un remate de cabeza de Hugo que Chechu saca baixo os paus. No minuto corenta chegaba a oportunidade máis clara dos de Ares neste segundo tempo. Libre directo que executaba Migui pero novamente o longueiro volvía ser o protagonista. Durante uns minutos esta xogada deu aire aos de Ares, pero logo se encontraron cun contragolpe de Hugo que marchaba rozando o pau. Nos minutos finais do partido calquera se puido levar a vitoria. Os de Ares dispuxeron dun novo lanzamento directo, executado por Migui, moi ben lanzado por enriba da barreira, pero o meta visitante con algúns apuros evitou o gol. E na última xogada do partido, un córner a favor do Ánimas, moi mal defendido polos de Ares daría a vitoria aos de Ferrol.

En resumo partido con repartición de xogo. No primeiro período foron os de Ares os que levaron un pouco máis o peso do xogo e tiveron as mellores ocasións. Pero a falta de puntaría e os paus impediron a materialización destas. Na segunda metade foi mellor o Ánimas, os ferrolanos empurraron máis, facendo repregarse ao conxunto aresano que tivo pouca reacción ofensiva e que novamente se volveron encontrar cos paus.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia disputará a ultima xornada da primeira volta fronte a R. San Pedro en A Gándara.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.