Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. NUMANCIA, 2 – CEDEIRA, 3.
 
 

ALEVINS. NUMANCIA, 2 – CEDEIRA, 3.

GOLES SON AMORES

Partido correspondiente a 6ª xornada da Liga Alevín grupo 2, disputado na tarde do venres en Prados Vellos.

 


Ares 30 de xaneiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Nacho, Martín Rodríguez, Pablo, Diego, Manu, Migui (C), Martina e Óscar. Tamén xogaron: Miguel, Raúl, Lucas, Sergio, Telmo e Martín Miguel.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

CEDEIRA SD: Iván, Xosé, Antón (C), Iago, Juan, Yago,  Laura e Álvaro. Tamén xogou: Carlos.

Adestrador: Esteban Blanco Garrote

Delegado: Guillermo Bellón Muiño.

COLEXIADO: D. Manuel Jesús Bejarano Estepa. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (JUAN) Xogada combinativa dos visitantes finalizada por Juan (minuto 11).

0 - 2 (ANTÓN) Balón solto na área numantina que aproveita Antón para batir a Nacho (minuto 17).

1 - 2 (MARTINA) Penalti transformado por Martina (minuto 19).

2 - 2 (LAURA (pp) Xogada ofensiva do Numancia na que a xogadora do Cedeira, Laura termina enviando de forma involuntaria o balón a sua propia portería (minuto 24).

2 - 3 (JUAN) Balón ás costas da defensa loca que aproveita Juan para batir a Miguel (minuto 49).

CRÓNICA:

Tarde desapacible en Prados Vellos con frío, orballo e vento. Os alevíns do Numancia e Cedeira loitaron contra a climatoloxía e ofreceron un emocionante e intenso partido aos valientes espectadores.

Na primeira metade estivo mais metido no partido o Cedeira que conseguiu unha vantaxe de 0 - 2. Pero os numantinos espertaron antes do descanso e conseguiron chegar ao intermedio cun 2 - 2 no marcador.

Na reanudación o Numancia tivo varias ocasións de gol, salientando unha falta lanzada por Migui na que o porteiro visitante Iván fixo unha extraordinaria parada. Deixou con vida o Numancia ao Cedeira e os do Ortegal no último minuto do partido conseguían o 2 - 3 definitivo nunha xogada de contraataque.

O próximo fin de semana o Numancia alevín xogará no Municipal Javier Gómez Noya de Caranza ante o Galicia de Caranza "D".

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Numancia de Ares. AlevínsNumancia de Ares. Alevíns.

 

 

 

 

 

 

Numancia de Ares. Alevíns.Numancia de Ares. Alevíns.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.