Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS: R. DE NEDA “B”, 3 – NUMANCIA, 3.
 
 

ALEVÍNS: R. DE NEDA “B”, 3 – NUMANCIA, 3.

AS SEGUNDAS PARTES SE LLE ATRAGANTAN A OS DE ARES.

Empate do equipo alevín da ADR Numancia de Ares a tres goles fronte o Rápido de Neda “B” na súa visita na maña do sábado o campo Municipal Juan González de Neda. O encontro correspondente a quinta xornada da 2ª fase da liga alevín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 1 – 3.

 


Neda, 24 de xaneiro de 2015

FICHA TÉCNICA

R. DE NEDA “B”: Sergio, Joel, Abel, Alejandro Enes, Oscar. Lucas (C), Rubén e Adán. Tamén xogaron Alberto, Borja, Manuel Alejandro Dopico e Mikel.

Delegado: Alejandro Enes Rey.

NUMANCIA: Nacho, Manu, Chechu, Lucas, Migui (C), Martín, Jaime e Oscar. Tamén xogaron Raúl, Martina, Sergio e Martín Miguel.

Delegado: Alberto Alejandro Duran Morais.

ARBITRO. José Luís Corral Franco. Sen incidencias.

GOLES:

R. de Neda “B”: Lucas, Joel e Adán.

Numancia: Migui, Jaime e Martina.Numancia de Ares. Alevíns.

Primeira parte na que os de Ares foron claros dominadores. Saían os numantinos ao terreo de xogo máis metidos no partido, e ao pouco de iniciarse marcaba Migui o primeiro tanto visitante cando corría o minuto 2 cun disparo cruzado dende fóra do área. O dominio seguiu incrementándose e así chegou o segundo gol no minuto 4 por medio de Jaime ao rematar de cabeza un saque de esquina. No minuto 23 Martina marcaba de forte disparo dentro do área para poñer o 0 - 3. O Neda acurtou distancias no último minuto da primeira parte grazas a un penalti transformado por Lucas. Co resultado de 1 - 3 marcharíamos ao descanso.

Na segunda parte os de Ares acusaron o baixón físico, algo que xa parece habitual dende o comezo da competición, xa que son varios os partidos nos que os de Ares vanse con clara vantaxe ao descanso, pero vese que as segundas partes non se lles dan nada ben. Así o Neda incrementou o ritmo na segunda parte marcando o 2 - 3 no minuto 28 por medio de Joel. A falta de cinco minutos para o final chegou o empate froito dun rexeite no área pequena do que se aproveitaba Adán. Nos minutos que restaron ata o final ocasións para os dous bandos. Calquera deles puido levarse os tres puntos pero o resultado permaneceu inamovible.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia recibirá en Ares no que será a sexta xornada de competición ao Cedeira.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.