Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. NUMANCIA, 2 – EF. ENSANCHE, 2.
 
 

ALEVINS. NUMANCIA, 2 – EF. ENSANCHE, 2.

UNHA PARTE PARA CADA EQUIPO

Partido correspondente a cuarta xornada da 2ª fase de liga alevín do grupo 2 disputado na maña do sábado en Prados Vellos entre o Numancia ea EF Ensanche que rematou cun empate. Ao descanso o resultado era de 2 – 0.

 



Ares, 17 de xaneiro de 2014.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Miguel, Chechu, Diego, Pablo, Martín Rodríguez, Migui (C), Jaime e Lucas. Tamén xogaron Raúl, Martín Miguel, Sergio, Telmo, Oscar e Manu.

Delegado: Alberto Durán.

EF ENSANCHE: Xurxo, Samuel, Javier, Miguel, Hugo Hermosilla, Diego, Andrés (C) e Izán. Tamén xogaron Hugo Lorenzo, Jose Roques, Víctor e David.

Adestrador: Daniel González.

Delegado: José Corral.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:Numancia de Ares. Alevíns.

Numancia: Migui (2).

EF Ensanche: Hugo Lorenzo y José Roques.

Partido moi igualado no que o Numancia foi mellor na primeira parte. Adiantáronse os de Ares nos primeiros minutos cun gol de falta directa de Migui dende o bordo esquerdo da área, entrando pola escuadra contraria. O partido seguiu dominado polo Numancia e froito dese dominio nos minutos finais chegou outra falta directa executada por Migui dende o lado dereito a uns 15 metros da portaría, o que serviu para conseguir o segundo gol de forte disparo por enriba do porteiro. Con 2 - 0 chegouse ao termo dos primeiros 25 minutos.

Na segunda parte o Ensanche reaccionou e empezaron a dominar o partido. No minuto 34, nun córner mal despexado na área pequena chegou o 2 - 1. E aos 10 minutos chegou o 2 - 2 tras unha xogada desafortunada na que despois dun saque de porta por parte do Ensanche o porteiro aresano calculou mal, e un balón sen aparente perigo deu un mal bote collendo o porteiro adiantado. Nos últimos minutos os dous equipos dispuxeron de ocasións claras para levarse o partido pero o marcador permanecería inamovible.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia desprazarase ata o campo Municipal de Neda para disputar a 5ª xornada de liga fronte o Rápido de Neda “B”.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.