ALEVINS: G. CARANZA “C”, 2 – NUMANCIA, 2.
XUSTO RESULTADO
Partido correspondente á 3ª xornada da 2ª fase da liga local alevín no seu grupo 2º, disputado no serán do venres en Caranza entre o Galicia de Caranza “C” e Numancia que finalizou con empate a dous. Ao descanso o resultado era de 0 - 0.
Ferrol 19 de decembro de 2014.
FICHA TECNICA
G. CARANZA “C”: Roberto, Pablo, Abraham, Adán, Raúl (C), Edgar, Hugo e Aroa. Tamén xogaron Martín, Joel, Bruno, Xabier, Miguel e Joaquín.
Adestrador: Borja Fernández Iglesias.
Delegado: Roberto Pérez Tojeiro.
NUMANCIA: Miguel, Pablo, Chechu, Migui (C), Martín, Jaime, Oscar e Martina. Tamén xogaron Diego, Raúl, Martín Miguel, Manuel e Nacho
Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
ARBITRO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Sen incidencias.
GOLES:
1 - 0: HUGO (min. 28) xogada por banda de Hugo que fai unha parede con Miguel, éste devolve a Hugo quen define ante Nacho.
1 - 1: OSCAR (min. 36) de disparo dende o bordo da área á dereita do porteiro.
2 - 1: EDGAR (min. 39) córner a favor dos de Ares, a defensa local despexa o balón que chega a Edgar en mediocampo, por velocidade vaise de todos os defensores numantinos e define nun man a man diante de Nacho.
2 - 2: PABLO (min. 49) saque de banda sobre Pablo cun desmarque, regatea dous contrarios e marca dende a área pequena cruzando o balón á esquerda do porteiro.
Ultimo partido do equipo alevín do Numancia antes das vacacións de Nadal. Os de Ares desprazábanse na tarde do venres ata Ferrol para medirse ante o G. de Caranza "C".
O partido foi en liñas xerais moi intenso e moi disputado rematando cun xusto empate final que facia xustiza ao visto no terreo de xogo.
Os primeiros minutos do primeiro período foron os de Ares os que levaron a iniciativa dispoñendo dunha grande ocasión de Oscar que se estrelou no longueiro. O Caranza foi pouco a pouco tomando o mando do encontro dispoñendo tamén das súas opcións de cara a porta, pero sucedeulles o que aos de Ares, tampouco estiveron acertados, polo que ao descanso se chegou co resultado do inicio, 0 - 0.
Na reanudación o Caranza saíu con máis intensidade e aos tres minutos Hugo adiantaba o seu equipo. Tras o gol local reacción dos de Ares que oito minutos despois poñían a igualada no marcador por medio Oscar. Pouco durou a alegría visitante, porque apenas transcorridos tres minutos, Edgar adiantaba de novo o seu equipo.
O tramo final do partido foi para os de Ares cun Caranza que defendía o resultado. A intensidade dos visitantes nestes últimos minutos traduciuse no gol Pablo, o que significaba o empate practicamente sobre o asubío final, e o que supuxo o resultado ao remate de 2 - 2.
O equipo alevín do Numancia retomará a competición oficial o próximo 17 de xaneiro, xornada na que os de Ares recibirán en Prados Vellos a vista da E.F. Ensanche.
Dende a ADR Numancia de Ares desexámoslle a toda a familia numantina unhas Felices Festas e un Prospero Año 2015.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.
Pulsa no seguinte enlace e terás acceso a unha extensa crónica do partido publicada na web de muchacalidad.