Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. NUMANCIA, 2 – CARIÑO, 6.
 
 

ALEVINS. NUMANCIA, 2 – CARIÑO, 6.

XUSTO RESULTADO.

Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª fase da liga local alevín no seu grupo 2º, disputado na maña do sábado en Prados Vellos entre Numancia e Cariño que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso o resultado era de 2 - 4.

 


Ares 13 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Nacho, Chechu, Pablo, Martín, Migui (C), Martina, Lucas e Oscar. Tamén xogaron Miguel, Raúl, Diego, Martín Miguel, Telmo e Manu.

Adestrador: Alberto Alejandro Duran Morais.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

CARIÑO: Daniel (C), Sergio, Cristian, Manuel, Adrián, Raúl, Carlos e Jaider. Tamén xogaron Hugo, Martín, Ania, Eric e Javier.

Adestrador: José L. Corral Alonso.

Delegada: María Corral Piñón.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Migui (min. 5), disparo bombeado de Migui desde o círculo central que o porteiro visitante non é capaz de blocar.

2 - 0: Martina (min. 10), saque de banda de Migui ao corazón do área que remata Martina no punto de penalti.

2 - 1: Adrián (min. 15), disparo de Adrián desde a frontal que supera ao porteiro local por arriba.

2 - 2: Raúl (min. 20), Raúl de disparo desde fóra do área.

2 - 3: Manuel (min. 23), gol de Manuel en disparo dende o pico do área.

2 - 4: Manuel (min. 24), golazo de Manuel de libre directo por toda a escuadra.

2 - 5: Jaider (min. 31), bonita xogada individual por banda de Martín con centro medido ao corazón do área que remata de primeiras Jaider ao fondo da rede.

2 - 6: Raúl (min. 43), disparo afastado de Raúl que supera por alto ao meta local.

Partido que comezaba ben para os de Ares posto que aos dez minutos establecían un marcador de 2 - 0 grazas aos goles de Migui e Martina. Ao cuarto de hora os de Ortegal acurtaban distancias por medio de Adrián. Este gol meteu de cheo ao Cariño no partido e comezaron a encerrar atrás ao Numancia e a chegar con perigo ao área local. Froito dese dominio os visitantes igualaban o choque cun novo gol, nesta ocasión de Raúl. O empate condenou definitivamente aos de Ares e nos minutos finais encaixaban dous novos goles, ambos de Manuel, para establecer o 2 - 4 co que se chegaba ao descanso.

Na segunda parte non houbo reacción local quenes apenas chegaron a crear perigo no área visitante. As xogadas a balón parado e os disparos afastados foron as opcións dos aresanos, pero apenas fixeron pasar apuros ao meta do Cariño. Os de Ortegal máis métodos no partido, cun xogo máis ordenado, máis encima do balón e aproveitando as facilidades defensivas que daban os aresanos leváronse con certa facilidade os tres puntos de Prados Vellos.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.