Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. O VAL “B”, 0 – NUMANCIA, 3.
 
 

ALEVINS. O VAL “B”, 0 – NUMANCIA, 3.

BO COMEZO

Partido correspondente á 1ª xornada da 2ª fase da liga local alevín no seu grupo 2º, disputado na tarde do pasado venres nas instalacións de Sinde entre O Val "B" e Numancia que finalizou coa vitoria dos aresans. Ao descanso o resultado era de 0 - 1.

 


O Val, 5 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA:

O VAL “B”: Daniel (C), Julen, Jonathan, Gabriel, Yago, Noel, Iago Fernández e Borja. Tamén xogaron Agustín, David, Ángel Roca, Iago Freire e Ángel Ferreiro.

Adestrador: Rubén Fraguela López.

Delegada: Carlota Rodríguez Rodríguez.

NUMANCIA: Miguel, Lucas, Chechu, Pablo, Martín, Migui (C), Jaime e Oscar. Tamén xogaron: Raúl, Sergio, Martín Miguel, Telmo, Manuel e Diego.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

ARBITRO: Cristian Vidal Bouza. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: (Min. 18), Oscar en xogada persoal dentro da área poñendo o balón á dereita do porteiro.Numancia de Ares. Alevins.

0 - 2: (Min. 34), Migui de volea dende fóra da área.

0 - 3: Min. 37), xogada de Diego por banda esquerda e marca Martín Miguel tras un rexeitamento.

Partido que comezaba con igualdade e sen dominador claro durante boa parte do primeiro tempo. Os dous equipos dispuxeron dalgunhas chegadas ás áreas pero foron incapaces de definir. No minuto 18, Óscar en xogada individual dentro da área conseguía adiantar os de Ares. De aquí ao final do primeiro período o conxunto numantino conseguiu facerse co control do xogo pero foi incapaz de materializar máis ocasións, polo que se chegou ao descanso co 0 - 1.

Na segunda metade sería o conxunto de Ares o que levaría a voz cantante en canto a dominio. Aos dez minutos da reanudación un gol de volea de Migui, e posteriormente un rexeitamento do que se aproveita Martín Miguel poñían o marcador no 0 - 3. Puideron acurtar os locais distancias pero unha boa intervención de Miguel impediríao. Os de Ares á contra tamén dispuxeron dalgunha ocasión, pero o marcador permanecería inamovible.

A próxima semana o equipo alevín do Numancia recibirá en Prados Vellos a visita do Cariño.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.