ALEVINS. NUMANCIA, 4 – EUME, 0

DEFINIU A MAIOR PEGADA.

Partido correspondente á 10ª xornada de liga local alevín na súa 1ª fase disputado na tarde do venres en Prados Vellos entre o Numancia e o Eume Deportivo que finalizou con vitoria dos locais. Ao descanso o resultado era de 1 - 0.

 


Ares 7 de novembro de 2014

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Nacho, Chechu, Diego, Pablo, Martín, Migui (C), Martina e Oscar. Tamén xogaron Miguel, Manu, Raúl, Sergio e Telmo

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

EUME: Daniel. Teo, David (C), Aike, Nicolás, Jorge, Alonso e Pablo. Tamén xogaron Mario, Yago, Marcos e Cesar.

Adestrador: Xoan Espada Blanco.

Delegado: Nicolás Fernández Gallego.

ARBITRO: D. Francisco J. Piñón López. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: OSCAR (min. 8), pase en longo de Migui dende o centro ás costas dos defensa, Oscar imponse por velocidade para plantarse diante do porteiro cruzando a pelota.

2 - 0: PABLO (min. 26), saque de esquina que remata Pablo de cabeza.

3 - 0: PABLO (min. 41), de libre directo.

4 - 0: MIGUI (min. 48), gran gol de Migui dende a esquerda, pegado á liña de fondo e cruzando o balón ao segundo pau.

Partido que comezaba cos de Ares tomando a iniciativa do xogo e chegando con moito perigo á área visitante. A primeira ocasión clara para os locais xeraríaa Óscar pero o seu disparo estrelaríase na base do pau. Pouco despois non perdoaría este mesmo xogador cando se plantaba só diante do porteiro para cruzar o balón e adiantar os de Ares.

Continuaría o Numancia co control do partido e a posesión da pelota. Mediada a primeira metade, nova ocasión clara local precedida dun saque de esquina que se paseaba pola área sen encontrar rematador. Pouco despois gran disparo de Pablo Cartelle que detén nunha gran parada o meta eumes. No contragolpe posterior, Mario plantábase só ante Nacho, pero cruzaba o balón en exceso desaproveitando o Eume a ocasión do empate. Esta xogada sería o espertar dos visitantes que entraron definitivamente no partido e comezaron a chegar con perigo á área aresana.

No minuto vinte, unha bonita xogada do Eume finalizaba cun disparo de Mario, pero o balón pega en Diego que evitaba o gol. Pouco antes do descanso un bo libre directo de Migui era detido polo porteiro eumes, e antes do asubío final, un bo disparo de Yago marchaba por enriba do longueiro, polo que o marcador permanecería inamovible chegándose ao descanso co resultado de 1 - 0.

No segundo tempo o partido estivo moito máis igualado. Os dous equipos dispuxeron de ocasións pero a maior pegada dos de Ares decantou o resultado no seu favor.

Nada máis iniciarse o segundo período un saque de esquina que Pablo remataba de cabeza significaba o segundo tanto local. Repetiría este mesmo xogador mediado o segundo tempo cun libre directo. E co partido prácticamente rematado un gran gol de Migui, botaba o marcador final de Numancia 4 - Eume 0.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

Equipo alevín do Numancia de Ares (07/11/2014)Equipo alevín do Eume Deportivo (07/11/2014)

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.