ALEVINS. NUMANCIA, 4 – EFR FERROL “D”, 2.

HAI QUE MANTER A INTENSIDADE

Partido correspondente á 8ª xornada da fase previa categoría alevín, grupo 2º, disputado na tarde do venres en Pardos Vellos e que rematou con vitoria do equipo local. Ao descanso o resultado era de 4 - 0.

 

Ares 24 de outubro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Nacho, Pablo, Migui (C), Jaime, Lucas, Martín, David e Oscar. Tamén xogaron Martín Miguel, Diego, Telmo, Chechu, Sergio e Raul.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

EFR FERROL “D”: Fran, Nuno, Paco, Sergio, Emilio, Alessandro, Xoel e Alejandro. Tamén xogaron Marcos, Joel, Aarón, Dani, Manu e Adrián.

Adestrador: Jorge Martínez Cruz.

Delegado: Jesús A. Piñeiro Pardiñas.

ARBITRO: D. Miguel Ángel Pena Landeira. Sen incidencias.

GOLES

1 - 0: JAIME (min. 3), saque de esquina e remate de cabeza de Jaime.

2 - 0: DAVID (min. 9), roubo de balón de Oscar en medio campo, pase en longo a David que dribla ao porteiro e marca a porta baleira.

3 - 0: MIGUI (min. 20), Migui de libre directo.

4 - 0: DIEGO (min. 23), roubo de balón de Martín en banda dereita, intérnase ata alcanzar o lateral da área e pon o balón para a entrada de Diego que marca.

4 - 1: ALEJANDRO (min. 41), xogada pola dereita con pase en longo sobre Aarón quen se interna ata o lateral da área, disparo que rexeita Nacho, pero o rexeitamento é aproveitado por Alejandro para marcar porta baleira.

4 - 2: ALEJANDRO (min. 48), xogada similar á do primeiro gol racinguista e cos mesmos protagonistas.

Primeira parte na que o conxunto aresano tivo o control do xogo e a posesión do balón. A presión exercida polos locais en todo o terreo de xogo propíciolles algúns roubos de balón que tiveron como premio o gol. Defensivamente os de Ares apenas pasaron apuros e as escasas chegadas a porta do conxunto ferrolano foron ben solucionadas por Nacho.

Aos poucos minutos do asubío inicial chegaba o primeiro gol local, que viña  precedido dun saque de esquina que remataba Jaime de cabeza. Mediado o primeiro período, David, despois de driblar ao porteiro marcaba a porta baleira un balón en longo que lle servía Oscar. Nos minutos finais, Migui de libre directo, e o gol de Diego, despois dun bo pase de Martín, poñían o marcador no 4 - 0 con que nos iríamos ao descanso.

No segundo período o conxunto ferrolano saíu máis enchufado que os numantinos, quenes se viñeron atrás empurrados polo xogo visitante, tendo que empregarse a fondo para defender o resultado. Aos cinco minutos da reanudación chegaba o primeiro aviso visitante cun libre directo de Emilio que detiña Nacho. Posteriormente Marcos mandaba o balón por enriba do longueiro nun man a man co porteiro local. Polo Numancia dous disparos afastados de Migui foron detidos por Fran.

No minuto 41, o conxunto ferrolano obtiña o premio ao seu mellor xogo e Alejandro acurtaba distancias para poñer o 4 - 1. Poucos minutos despois os de Ares dispoñían da súa mellor ocasión neste segundo período, pero o disparo a queimarroupa de Oscar era detido polo meta racinguista. A dous minutos do tempo regulamentario e en xogada similar á do primeiro gol visitante, Alejandro establecía o definitivo 4 - 2 final.

O próximo fin de semana o equipo alevín do Numancia terá o desprazamento máis longo da temporada. Os de Ares desprazaranse ata o campo de Esteiro, en Mañón, para enfrontarse ao Cañoles C.F. Un equipo que na presente temporada comeza a súa andaina polo fútbol base de ferrolterra.

Pulsa non seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.