Inicio Noticias Alevíns ALEVINS: NUMANCIA, 1 – O VAL “C”, 3.
 
 

ALEVINS: NUMANCIA, 1 – O VAL “C”, 3.

FALTOU AMBICION.

Partido correspondente á 6ª xornada da fase previa da liga alevín, grupo 2º, disputado na tarde do venres en Prados Vellos, e que rematou con vitoria do equipo visitante. Ao descaso o resultado era de 1 - 0.

 


Ares, 10 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Nacho, David, Pablo, Martín, Migui (C), Jaime, Martina e Manu. Tamén xogaron Raúl, Diego, Sergio e Telmo.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

O VAL “C”: Ismael Vilar, Aarón, Kevin (C), Julián, Marcos, David, Manuel e Yerai. Tamén xogaron Ismael Braña e Anxo.

Delegado: Iago Pérez Díaz.

ARBITRO: D. Borja Gundín Barreiro. Sen incidencias.

GOLES

1 - 0: MARTINA (min. 19), saque de esquina que remata de cabeza Martina ao fondo da rede.

1 - 1: KEVIN (min. 31), balón rifado en tres cuartos de campo local co que consegue facerse Kevin, quen de forte disparo dende a frontal sorprende a Martina.

1 - 2: DAVID (min, 36), saque de esquina a favor de O Val, o balón queda morto preto do pau, David mete o pé, adiantándose a Martina e Sergio, e marca.

1 - 3: JULIAN (min, 46), balón ás costas da defensa local, Julián e Migui pugnan polo balón, o xogador valexo impón o seu físico, chuta e marca de disparo cruzado.

 

 



Despois da xornada de descanso da pasada fin de semana, os alevíns do Numancia recibían na tarde do venres en Prados Vellos ao líder do grupo, o conxunto de O Val "C", situado na clasificación xeral tres puntos por enriba dos de Ares. Un rival directo de cara as aspiracións locais.

Partido cunha primeira metade igualada, de centrocampismo, e apenas chegadas ás metas rivais. O gol de Martina no último tramo do primeiro período animou aos locais, os que dispuxeron doutras dúas ocasións, ambas as dúas de Migui, pero que non materializaron. Unha estrelouse no lateral da rede e a segunda detívoa o meta visitante nunha boa intervención. Por parte de vos valexos algún tímido disparo afastado que non supuxeron problema para Nacho. Co 1 - 0 no marcador chegouse ao descanso.

Na segunda metade os de Ares saíron durmidos e fóra do partido, situación que aproveitaron os visitantes para dominar nos primeiros compases, rendibilizándoos con dous goles para darlle a volta ao marcador en apenas dez minutos. Trataron de reaccionar os de Ares, quenes dispuxeron dalgunhas aproximacións á meta rival, pero eran os valexos os que daban máis sensación de perigo cara a porta. Tiveron os numantinos o empate cun disparo de Migui, pero o balón estrelouse no longueiro. Prácticamente na xogada seguinte Julián mataba o partido co terceiro tanto visitante.

Merecida vitoria de un Val que na segunda metade foi máis ambicioso que o conxunto aresano, quenes con esta derrota dan un paso atrás nas súas aspiracións aos primeiros postos da táboa.

Na próxima xornada os de Ares desprazaranse ata La Barquera onde terán que lidiar co equipo que ocupan a segunda praza da táboa, a UD Cebarca.

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación xeral.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.