Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. NUMANCIA, 9 – AMISTADE MEIRAS “B”, 0.
 
 

ALEVINS. NUMANCIA, 9 – AMISTADE MEIRAS “B”, 0.

FESTIVAL DE GOLES PARA COMEZAR A TEMPADA.

Partido correspondente á primeira xornada de liga local alevín na súa primeira fase disputado na tarde do pasado venres en Prados Vellos ante un nutrido grupo de afeccionados de ambos equipos.

 

Ares, 12 de septembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Nacho, Raúl, Pablo, Martín, Migui (C), Jaime, Lucas e Oscar. Tamén xogaron, Chechu, Martina, Manu e Telmo.

Adestrador: Alberto Alejandro Duran Morais.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

AMISTADE MEIRAS “B”: Tomás, Ari, Alex, Hugo, Cristóbal (C), Cristian, David e Jorge. Tamén xogou Matthew.

Delegado: Carlos Ardán.

ARBITRO: D. Chistian Pérez Tejerina. Sen incidencias.

O pasado venres comezaba a rodar o balón en Prados Vellos para o equipo alevín do Numancia, arrancando oficialmente a tempada 2014-2015. Os de Ares recibía na casa nesta primeira xornada ao Amistade Meirás "B" de Valdoviño.

Pouca historia tivo un partido no que o dominio local propicio unha goleada final dos aresanos. Un gol de Migui, un de Pablo, un de Lucas, un de Martín e outro en propia meta permitiron ao Numancia irse ao descanso cun marcador de 5 - 0.

Na reanudación un Amistade máis ambicioso logrou achegarse á portaría aresana, e mesmo dispoñer dalgunha ocasión de gol, pero os rapaces non encontraron o tan ansiado premio. Pola contra tres novos goles de Migui e un de Pablo remataban a goleada do equipo aresano.

O vindeiro martes, 16 de setembro, ás 17:30 o equipo alevín do Numancia disputará a 2ª xornada de competicion ligueira. Os de Ares desprazaranse ata O Cadaval (Piñeiros) para enfrontarse o Narón "B". 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.