Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 4.
 
 

ALEVINS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 4.

OPORTUNIDADE DESAPROVEITADA.

Partido correspondente a penúltima xornada da Liga alevín grupo 2, disputado na maña do sábado en Prados Vellos entre os equipos do Numancia e o Cariño que rematou coa vitoria dos de Ortegal por 2 – 4. O descanso o resultado era de 1 – 2.

 


Ares, 26 de abril de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Adrián, Pablo, Migui, Mateo, Naim (C), Martín e Borja. Tamén xogaron David, Sergio, Raúl e Samuel.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Santiago Cartelle López.

CARIÑO: Diego, Pablo Novo, Pablo Naranjo, Bruno (C), Iker, Erik, Pablo Garceran e Alex. Tamén xogaron Javi, Carlos e Pablo López.

Delegado: José M. de Magalhaes Ramos.

ARBITRO: Telmo Pérez Vázquez. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: (min. 11), saque de esquina que remata Borja de cabeza no segundo pau.

1 - 1: (min. 22), perda de balón da defensa local en tres cuartos de campo, Iker faise co esférico, encara en solitario a meta de Adrián e báteo por abaixo.

1 - 2: (min. 24), Erik de penalti.

1 - 3: (min. 27), bonito contragolpe do Cariño conducido entre Erik e Iker que collen en superioridade numérica á defensa local, finaliza a xogada con gol de Iker de disparo cruzado.

2 - 3: (min. 34), saque de banda do Numancia, o balón chega a Mario próximo á frontal da área quen marca de disparo axustado ao pau.

2 - 4: (min. 42), Diego de penalti.

 

 



Primeiros minutos de partido que comezaron cos de Ares premendo no campo rival e levando perigo á área pero sen definir as ocasións. A máis clara un disparo de Mario ao que responde Diego cunha boa parada. O Cariño respondería cun remate de cabeza, á saída dun córner, que Pablo quita baixo os paus. Continuaron os de Ares coa posesión da pelota e aos dez minutos, á saída dun córner, Borja adianta o conxunto local.

O Cariño sobrepúxose ao marcador adverso e pouco a pouco foi igualando a contenda e chegando á área local. No minuto 18, Eric disparaba por enriba do longueiro nunha boa ocasión para os visitantes. Apenas uns minutos despois, Iker non perdoaría un regalo da defensa numantina e poñía as táboas no marcador. Sobre o asubío do descanso, Erik de penalti poñía por diante o Cariño, para irnos aos vestiarios co resultado de 1 - 2.

Aos dous minutos da reanudación, un desaxuste defensivo dos locais, e un bo contragolpe conducido entre Erik e Iker, permite a este último marcar o terceiro gol visitante. Neste segundo período os aresanos non estiveron nada finos no centro do campo o que permitiu aos de Ortegal xogar con moita comodidade e facerse con moitos balóns para levar perigo á área numantina.

No minuto 32, unha gran parada do meta local a lanzamento de libre directo de Pablo Novo evitaba o cuarto dos visitantes. Os de Ares só conseguían chegar con perigo á área do Cariño en xogadas a balón parado, pero a defensa e o porteiro conseguían desbaratar todas as ocasións.

No minuto 39, non conseguirían os de Ortegal evitar o gol de Mario que acurtaba distancias para poñer o 2 - 3. Malia o gol local continuou o Cariño tendo a posesión e o control do balón e foron os que deron máis sensación de perigo. Diego, de penalti no minuto 42, finiquitaba o encontro co cuarto para os visitantes.

Con esta derrota ante o Cariño e a falta dun partido para rematar o campionato de liga, os de Ares desaproveitaron unha boa ocasión para rematar o campionato nos postos altos da táboa.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.