Inicio Noticias Alevíns Alevíns. Torneo de Maniños.
 
 

Alevíns. Torneo de Maniños.

TORNEO ALEVÍN DE MANIÑOS

Xoan.

Este sábado, 6 de xuño, o equipo alevín do Numancia participou no torneo organizado polo Maniños, cunha formación integrada maiormente por xogadores de primeiro ano. A relación de convocados foi a seguinte: Agustín, Sergio, Antía, David, Óscar, Nico, Carlos, Miguel, Emi e Fran. Ademais, estiveron dous benxamíns: Antón e Carlos Piñeiro.

No grupo do Numancia estaba o Galicia Caranza, o Amistade Meirás e o Val.

 

De S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008.2009. Categoría Alevín.

G. Caranza, 5 – Numancia, 3: Xogouse o primeiro partido contra o Caranza ás 10.00 h. baixo unha intensa chuvia que amezou con estropear a xornada en Maniños. Este partido comezou cunha primeira parte caracterizada pola apatía xeral dos nosos rapaces e finalizou cun marcador favorable para o Caranza de 5 – 1. Porén, na segunda parte os aresáns reaccionaron e conseguiron un parcial de 2- 0 que deixou o resultado final nun 5 – 3. Os goles aresáns foron de Antía e Carlos (2).

A. Meirás, 2 – Numancia, 2: Neste segundo partido xogábanse as posibilidades de clasificación para as semifinais pero a actitude de inicio non foi a máis aconsellábel. Outra vez chegamos ao descanso cun marcador en contra: 0 – 2. O partido e a clasificación parecían perdidos, ata que chegaron os dous goles de Carlos nos últimos minutos do partido e tamén un paradón de Agustín que evitou a derrota. Con este empate, que soubo a vitoria, dependiamos dos resultados dos outros partidos.

O Val, 1 – Numancia, 3: Antes deste partido disputárase o Caranza – A. Meirás, partido que finalizou en empate a un gol. Sabiamos que para ter algunha oportunidade de clasificación, tiñamos que gañar e desta vez si empezamos ben o partido conseguindo rapidamente o primeiro gol. Carlos (2)e Antía anotaron os goles da vitoria.

Finalmente, o A. Meirás goleou ao Val e anotou os tres puntos que lle deron a clasificación para as semifinais, xunto co Caranza. A clasificación do grupo quedou así: 1º Caranza, 7 ptos.; 2º A. Meirás, 5 ptos.; 3º Numancia, 4 ptos; 4º Val, 0 ptos.

Aínda así, hai que valorar positivamente esta participación no torneo de Maniños. Unha derrota, un empate e unha vitoria final. Por riba dos resultados salientar a excelente xornada de convivencia na que se convertiu este torneo. Xogadores dos distintos equipos, adestradores, directivos, pais e nais, todos participamos desta xornada nun ambiente de cordialidade e deportividade. Lástima da chuvia caída. Chegamos ás 9.30 h. da mañá e marchamos ás19.00 h., todo un día no campo do Pote onde fomos magnificamente atendidos pola xente de Maniños que mesmo nos convidaron ao xantar.

Só nos queda felicitar publicamente á organización do torneo e agradecer a súa invitación.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.