Inicio Noticias Alevíns ALEVINS. NUMANCIA, 1 - PORTUARIOS "B", 1.
 
 

ALEVINS. NUMANCIA, 1 - PORTUARIOS "B", 1.

BO COMEZO DA SEGUNDA VOLTA.

Partido correspondiente a 10ª xornada da Liga Alevín grupo 2º, disputado na tarde do venres en Prados Vellos, e que rematou con reparto de puntos entre Numancia e Portuarios “B”. Ao descanso o resultado era de 0 – 1.

 

Ares, 28 de febreiro de 2014

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Rubén, Pablo, Migui, Mateo (C), Mario, Naim, Borja e Adrián. Tamén xogaron Sergio, Raúl e Martín.

Adestrador: Alberto Alejandro Durán Morais.

Delegado: Santiago Cartelle López.

PORTUARIOS “B”: Noa, Tiago, Cobo, Aarón Salgueiro, Kiko (C), Aarón Montero, Pedro e Manuel. Tamén xogaron Silvia e Juan.

Delegado: Joaquín Díaz Fernández.

ARBITRO: Brais Ferreiro Vérez. Sin incidencias.

GOLES:

0 – 1: Aarón Montero (min 10), saque de esquina en curto do Portuarios sobre Aarón, éste regatea cara ao interior internándose na área pegado á liña de fondo, sen prácticamente ángulo de tiro dispara, o cancerbeiro local toca o balón pero non impide que éste entre na portaría.

1 – 1: Borja (min. 42), balón rifado próximo á semilúa da área, chega a Borja quen de forte disparo a media altura bate a Noa.

 

 

Primeiro partido da segunda volta nunha xornada na que o líder de grupo, o Portuarios "B", visitaba as instalacións de Prados Vellos nunha fría e tarde gris, pero na que afortunadamente non choveu.

Comezaba o partido con moitas precaucións por ambos os dous bandos e no que apenas houbo aproximacións ás áreas ata a chegada do primeiro gol visitante. A raíz do gol o partido animouse e poucos minutos despois os de Ares tiveron o empate nun libre directo de Mario que rexeita Noa. A réplica do Portuarios daríaa Manuel nun remate de cabeza á saída dunha falta que se foi por enriba do longueiro. Ata o descaso sería o Portuarios o que levaría o peso do partido e tería a posesión da pelota tratando de xogala, en fronte un Numancia que non daba atopado o seu sitio no terreo de xogo. Varios disparos afastados, ou a balón parado dos visitantes non encontrarían os tres paus, ou os detería Rubén, polo que marchamos aos vestiarios no descanso co resultado de 0 – 1.

Comezaba a segunda metade de xeito trepidante, pois nada máis iniciarse, o dianteiro aresán, Adrián, dispara lixeiramente cruzado e o balón ibase pegado ao pau. Na xogada seguinte, era Manuel, para os de Ferrol Vello, o que tamén o cruzaba pegado á base do pau. O partido entrou a continuación durante moitos minutos nunha fase sen control e moito centrocampismo. Ningún dos dous equipos foi quen de marcar o xogo, abusándose do pelotazo. Destacar dous disparos de Kiko, para o Portuarios, que non encontraron os tres paus. No minuto 42 empataban os de Ares por medio de Borja. De aquí ao final do partido, nerviosismo e tensión, posto que os dous equipos víanse con opcións para levarse a vitoria. Dous libres directos, Kiko para o Portu e Mario para o Numan, antes do asubío final serían as ocasións máis claras que terían cada un dos equipos. Pero ningún dos dous disparos encontrou portaría polo que o partido finalizaría con empate a uns.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.