Inicio Noticias Alevíns Alevíns: Ánimas, 6 - Numancia 2.
 
 

Alevíns: Ánimas, 6 - Numancia 2.

S.D.R. Numancia de Ares. Copa Futbol 7 Alevín. Temporada 2008-2009. Cuartos de final. Ánimas 6 - Numancia 2.  A Gándara FerrolEliminados en cuartos ante un rival que foi mellor e estivo máis metido no encontro.

29/05/09

Jose

A Gándara(Ferrol) .

Eliminatoria de Cuartos de Final da Copa de Futbol 7 Alevín.

Alineación: Kike; Martín, Verónica; Carlos, Iván, Miguel e Alberto. Tamén xogaron Roberto, Brais, Ángel e Marcelo.

Goles:

1-0 min 4. Xogada do Ánimas por la parte esquerda aproveitando un despiste defensivo que acaba entrando na meta de Kike.

2-0 min. 8. Novo despiste no medio campo que permite ó xogador ferrolán encarar a defensa e adentrarse porla dereita para tirar a porta e bater novamente.

3-0 min 14. Roubo de balón no centro do campo que o xogador local aproveita para bater dende o centro da área a Roberto.

Con 0-3 rematou o primeiro tempo.

3-1 min 6. Falta que saca Martín e o rexeite e aproveitado por Carlos para acurtar distancias.

4-1 min 9. Roubo de balón en campo propio e xogada porla esquerda con pase ó centro da área que remata nun novo gol a Kike.Nesta xogada foi amonestado con tarxeta amarela Martín por intentar derrubar a un contrario.

5-1. min 17. Novo roubo de balón, aproveitando que  os de Ares desguarneceran a súa de fensa en busca de acurtar o reultad, que bate a Roberto.

6-1. min. 21. Boa xogada por banda dereita do equipo de Ferrol que remata cun forte disparo no que non pode facer nada Roberto.

6-2. min. 24.  Saque de banda do Numancia  perto da área do Ánimas que entre tiros e rexeitesdeixa o balón morto dentro da área donde Marcelo aproveita para cruzar o balón lonxe do porteiro e acadar así o resultado definitivo.

 

O partido presentabase moi complicado de  inicio polo abafante calor. O xogo do equipo numantino foi similar ó presentado en outros encontros donde se alternou momentos de concentración e momentos de apatía. A diferencia estaba no rival, sempre que os xogadores aresáns estiveron atentos nas marcas dificultaron o xogo do Ánimas, pero cada vez que lles diron metros na marcaxe o equipo ferrolán aproveitou a boa calidade dos seus xogadores para finalizar as xogadas en gol.

O cansanzo se foi notando  máis nos nosos xogadores, posto que o resultado adverso e o ter que correr detrás do rival acentuou o xa natural cansanzo provocado polo calor.

En resumo, un mal partido ante un rival con recursos e ben plantado, donde o noso equipo non se estivo todo o tranquilo e concentrado que se necesitaría estar para, polo menos, caer cún marcador máis igualado.

O susto do encontro o deu o porteiro Kike, que tras un encontronazo cún dianteiro nun salto polo balón, resultou lesionado no peito e tivo que ser levado ó hospital. Por sorte a lesión non parece ter gravedad e pode facer vida totalmente normal xa dende o propio día do partido.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.