ALEVINS. NUMANCIA, 1 - BARALLOBRE, 4.

GOLES BAIXO A CHUVIA.

Partido condicionado polos fortes chuvascos e sarabia caídos sobre todo na primeira metade e ao que se aclimatou mellor o Barallobre que o Numancia. Ao descanso o conxunto de O Ramo tiña un marcador a favor de 0 – 2.

 

Ares 18 de xaneiro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Rubén, Pablo, Raúl, Mario, Martín (C), Migui, Naim e Borja. Tamén xogaron Adrián, Mateo, David, Sergio e Samu.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

Delegado: Santiago Cartelle López.

BARALLOBRE: Miguel, Uxía, Felipe, Migui, Anxo (C), Rubén, Isma e Roi. Tamén xogaron Maite, Alex, Sabela e Uxío.

Delegado: Javier Ares Ares.

ARBITRO: D. Fernando Caruncho Paz.

GOLES

0 - 1: Roi (min. 6), balón ás costas da defensa local sobre Roi quen se adianta á saída de Rubén para batelo por abaixo.

0 - 2: Uxía (min. 15), perda de balón dos de Ares en tres cuartos de campo propio co que se fai Anxo, éste abre á banda para Uxía quen alcanza o pico da área e de disparo cruzado bate a Rubén.

0 - 3: Uxío (min. 27), xogada por banda esquerda do Barallobre que conduce e finaliza Anxo cun disparo a porta que rexeita Adrían, o balón volve a Anxo que abre á banda contaría para a entrada de Uxío quen marca a porta baleira.

1 - 3: Borja (min. 34), córner que botan os de Ares, o porteiro do Barallobre non bloca o balón que cae nos pés de Felipe quen despexa frouxo, o balón chega aos pés de Borja que o envía o fondo da rede.

1 - 4: Roi (min. 41), balón ás costas da defensa aresana co que se fai Roi ante a saída de Adrián, encara a Adrián nun man a man, o porteiro aresano rexeita o primeiro disparo de Roi ao que volve de novo o balón, regatea á dereita para quedar franco de Adrián e marcar porta baleira.

 

 



Bo comezo de partido por parte dos de Ares que conseguiron encerrar o Barallobre no seu campo nos primeiros minutos de xogo. Dispuxeron os de Ares de dous disparos a porta para adiantarse no marcador, pero que detivo con seguridade o porteiro visitante Miguel. Cando mellor estaban os locais, nun balón ás costas da defensa aresana, conseguía o Barallobre adiantarse no marcador por medio de Roi. Xarro de auga fría para a parroquia local, como fría se tornou a mañá cos chuvascos e sarabia que caeron en Prados Vellos. Isto tamén debeu de arrefriar os ánimos dos xogadores locais porque despois do gol foi o Barallobre o que tomou a iniciativa do xogo creándolle moitos problemas á contra aos de Ares. Así sería como chegaría o segundo gol visitante despois dunha perda de balón que chega a Uxía quen marcar o segundo para o Barallobre. Antes do descaso dous novos disparos dos de Ares eran detidos por Miguel. Co marcador de 0 -2 marcharíamos aos vestiarios.

Aos poucos minutos de iniciada a segunda metade o Barallobre volvía a gañar as costas da defensa numantina e Uxío marca o terceiro para os visitantes. O gol fixo reaccionar aos de Ares que tiveron uns minutos de posesión, conseguindo á saída dun córner acurtar distancias no marcador. Este gol levantou os ánimos locais os que se foron arriba buscando a remontada. Pero sería o Barallobre nun novo balón ás costas da adiantada defensa local os que poñerían terra de por medio cun novo gol de Roi que sentenciaba as aspiracións locais. De aquí ao final igualdade aínda que cun Barallobre moito máis vivo e enteiro que o conxunto aresano.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.