Alevíns: Numancia, 4 - Eume, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Copa alevines. Numancia 4 Eume 2. Prados Vellos. Ares Victoria axustada dun Numancia con pouco espiritu.

 Prados Vellos (Ares)

Jose

 

Partido correspondente á ultima xornada da primeira fase no grupo G do campeonato de copa alevín de fútbol 7. O Numancia de Ares remata esta primeira fase coma primeiro de grupo e deberá de enfrentarse en cartos de final ó primeiro clasificado do grupo C, a S.D. Ánimas. Partido que previsiblemente se xogará o vindeiro venres 29.

Alineación: Roberto, Martín, Verónica, Ángel, Miguel, Iván e Fran.Tamén participaron Carlos, Brais e Marcelo.

Goles:

Primeiro tempo.

0-1. min 2. Adiantase o Eume a saida dun corner posto en xogo dende a esquerda do ataque visitante e que e rematado dende o pico da area na dereita do ataque eumes.

1-1. min 5. Boa xogada de Iván pola banda de dereita que pon un centro que remata  Fran alargando o pe dende o borde do area pequena.

2-1. min. 11. Miguel aproveita un rexeite dende fora da área.

2-2. min 13. Falta dede o borde da área local, lixeirtamente escorada a dereita do ataque visitante. A pesar da estirada de Roberto que chega a rozar o balón este entra pola escadra do pau da barreira.

2-3. min 18. Xogada pola dereita que en tres toques acaba chegando o  centro da área local. rematando a rede o xogador visitante.

Segundo Tempo.

3-3. min 3. Ángel aproveita un rexeite do porteiro a un disparo de Carlos.

3-4. min. 4. Martín pola esquerda volve a aproveitar un rexeite dun defensa.

 

Partido moi floxo dos locais que venceron pero non convenceron.  O equipo local estivo apático e unicamente reaccionou cando se adiantou no marcador o equipo visitante. Abondaron os erros en defensa e ataque por falta de concentración. Por contra o equipo do Eume mostrou mais intensidad e puido obter mellor resultado. Destacada actuación do porteiro visitante que  sacou varios balóns a disparos dos xogadores locais.

Finaliza esta primeira fase con mellores números que xogo. Así os numantinos finalizan primeiros de grupo con 6 victorias de 6 partidos disputados con 18 puntos e 34 goles a favor e 10 en contra.

Agora nos cartos de final o espera o Ánimas, rival ante o cal teremos que estar máis despertos, concentrados e motivados para poder sacar adiante a eliminatoria. Non será fácil pero é posible. ¡ Ánimo rapaces !

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.