ALEVÍNS. NUMANCIA, 1 - R. DE NEDA, 2.

VITORIA IN EXTREMIS DO NEDA

Partido correspondente á novena xornada da fase previa alevín disputada na mañá do sábado nas instalacións de Prados Vellos que rematou con vitoria visitante por 1 - 2. Ao descanso o marcador era de empate a ceros.

 


Ares 16 de novembro de 2013

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Rubén, Mateo, Borja, Pablo, Martín, Migui (C), Mario e Naim. Tamén xogaron Adrián, Samuel, Raúl, David, Sergio e Lucas.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

Delegado: Santiago Cartelle López.

R. DE NEDA: Ángel, Alberto, Imanol (C), Chistián, Sergio, Bouza, Joel e Ismael. Tamén xogaron Borja, Bruno, Mario e Alejandro.

Adestrador: Víctor Hermida Muiño.

Delegado: Francisco Javier Rey Abad.

ARBITRO: Daniel Pérez Ferro. Expulsou ao delegado do Numancia por dobre cartolina amárela.

GOLES: Ángel (PP) para o Numancia, e Alberto e Sergio para o Neda.

 

 

Primeira parte do partido de escaso fútbol e moito centrocampismo, poucas chegadas claras ás portarías, aínda que as aproximacións foron con maior sensación de perigo por parte do Neda. Os de Ares só conseguiron intimidar a portaría visitante en dúas xogadas a balón parado nos minutos finais. Ao final do primeiro período empate a ceros.

A segunda metade comezaba co partido máis animado, pero co Neda máis metido e dando máis sensación de perigo, aínda que os de Ares tamén dispuxeron dalgunha boa ocasión. O maior perigo xerado polos visitantes quedou patenten no minuto cinco despois dun man a man de Alberto con Adrián, e que o porteiro aresano resolve cunha gran parada. Non obstante non puido Adrián facer nada a un gran disparo de Alberto dende fóra da área e que supuxo o primeiro tanto do Neda. Gol que facía xustiza ao visto ata o momento. Uns minutos despois Joel volve dispoñer dun novo man a man fronte Adrián pero o disparo cruzado marcha fóra.

Os de Ares non lle perderon a cara ao partido e no minuto 15, con algo de fortuna, un balón bombeado por Borja á portaría non é atallado polo porteiro do Neda quen remata introducíndoo en propia porta, empatando os de Ares. Despois do gol do empate o partido voltou de novo ao centrocampismo durante algún minutos.

Nos minutos finais foi o Neda o que botou o resto e foise claramente a polos tres puntos. Dous lanzamentos de falta directa de Alberto, un que toca Adrián e se estrela no longueiro, e outro que o roza, foron os prolegómenos do gol da vitoria visitante. A un minuto do tempo regulamentario, pase ao oco por enriba da defensa local, o balón chega a Sergio quen se vai de Hugo e de disparo cruzado marca o gol da vitoria que facía xustiza a un Neda que foi o que puxo o fútbol e as ganas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.