ALEVÍNS. NUMANCIA, 3 - PERLIO "B", 2.

HOUBO QUE SUFRIR ATA O FINAL

Partido correspondente a 7ª xornada da primeira fase alevín, disputado na maña do sábado en Prados Vellos entre Numancia e Perlio “B” que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 2 – 1.

 



Ares 2 de novembro de 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Adrián, Mateo, Borja, David, Pablo (C), Migui, Mario e Naim. Tamén xogaron: Samuel, Raúl, Martín e Rubén.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

2º adestrador: Santiago Cartelle López.

Delegado: Miguel Oliveira Sánchez.

PERLIO “B”: Adrián, Aarón, Raúl, Miguel, Antón, Pablo, Lucas (C) e Anxo. Tamén xogaron: Xoaquín e José.

Adestrador: Ismael Grandal Mourente.

Delegado: Jorge García Leiras.

ARBITRO: Juan Jesús Espiñeira Vara.

GOLES: anotaron Migui, Martín e Naim para o Numancia; e Lucas e Miguel para o Perlio.

Comezaba o partido en contra para os de Ares posto que aos tres minutos de xogo se adiantaba o Perlio. Unha mala cesión cara a atrás dos numantinos propiciaba que conseguise o balón Lucas para marcar o primeiro gol. Durante uns dez minutos estivo a dominar o Perlio claramente o partido. No minuto 12, Migui empataba para os de Ares de libre directo. A partir de aquí igualdade e dominio alterno con chegadas a ambas as dúas metas por parte dos dous equipos. Antes do descanso un roubo de balón en tres cuartos de campo, remata con éste no fondo da rede enviado por Martín. Co resultado de 2 - 1 marcharíamos ao descanso.

Aos cinco minutos da reanudación, balón en profundidade, falta de entendemento na zaga local para despexar o balón, e Miguel mais vivo que os locais rouballes a carteira e empata para o Perlío. Antes do gol do empate os visitantes xa enviaran un balón á cruceta. E uns minutos despois do gol, un libre directo é rexeitado polo meta local con algunhas dificultades. O Perlio comezou e finalizou esta segunda metade marcando claramente o tempo do partido, ante un Numancia que se defendía ben, tratando de chegar á contra e con balóns en longo, pero con escasa efectividade. No minuto 40, un balón enviado á área por Mateo non é atallado polo porteiro visitante, e Naim en boca de gol despois de regatear o porteiro marca o 3 - 2. Nos últimos dez minutos de partido o Perlio intentouno, pero os de Ares defenderon o resultado con uñas e dentes para levarse unha importante vitoria nun partido no que houbo que sufrir ata o final.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.