Inicio Noticias Alevíns ALEVÍNS. NUMANCIA, 7 - MEIRAS, 1.
 
 

ALEVÍNS. NUMANCIA, 7 - MEIRAS, 1.

FESTIVAL DE GOLES BAIXO A CHUVIA.

Partido correspondente a 5ª xornada da fase previa alevín, grupo 1, disputado na tarde do venres en Prados Vellos entre o Numancia e o Meirás que rematou con vitoria dos locais por 7 – 1. No descanso o resultado era de 5 – 1.


Ares, 18 de outubro do 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Rubén, Mateo, Borja, David (C), Pablo, Martín, Migui e Mario. Tamén xogaron Adrián, Samuel, Raúl, Sergio e Naim.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

2º adestrador: Santiago Cartelle López.

Delegado: Miguel Oliveira Sánchez.

MEIRAS: Iván, José Manuel, Rubén, Fernando, Andrés, Marcos, Nicolás e Alejandro (C). Tamén xogou Hugo.

Delegado: Sergio Carlos Bodelón Saco.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez  Vázquez.

GOLES:

1 - 0: min. 4. Pase de David e dende fóra da área marca Borja de disparo a media altura polo lado esquerdo do porteiro.

2 - 0: min. 8. Pase de Migui a Mario quen de forte tiro marca dende fóra da área.

3 - 0: min. 9. Gol de Mario dende o medio do campo.

4 - 0: min. 16. Pase de Mario a Naim que fusila o porteiro dentro da área.

4 - 1: min. 18. Gol de Alejandro tras un fallo da defensa local.

5 - 1: min. 23. Gol de Naim de falta directa dende fóra da área.

6 - 1: min. 40. Gol de Naim tras un rexeitamento do porteiro a tiro de Mario.

7 - 1: min. 42. Gol de Naim tras outro rexeitamento do porteiro a tiro de Migui.

Partido marcado pola chuvia e no que o Numancia dominou de principio a fin, deixando os de Ares a contenda saldada no primeiro período cun marcador de 5 - 1. Borja, Mario e Naim, estes dous últimos por partida dobre, serían os autores dos goles locais. O gol do conxunto visitante sería obra de Alejandro. Na segunda metade dous novo goles de Naim deixarían o resultado no definitivo 7 - 1.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.