ALEVÍNS. NUMANCIA, 4 - CEDEIRA, 2.

POUCA RENDA AO VISTO NO TERREO DE XOGO.

Día de estrea para o equipo alevín do Numancia que no partido de hoxe saían ao terreo de xogo coa nova indumentaria patrocinada polo Concello de Ares, e que mellor ocasión de mostrar o seu agradecemento o seu pratocinador que cunha vitoria.

Ares 4 de outubro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Adrián, Mateo, Borja, David, Martín, Migui, Mario (C) e Naim. Tamén xogaron Samuel, Raúl, Pablo, Sergio e Rubén.

Adestrador: Alberto Durán Morais.

2º adestrador: Santiago Cartelle López.

Delegado: Miguel Oliveira Sánchez.

CEDEIRA: Iván, Álvaro, Kevin, Laura, Juan, Hugo (C), Iago e Sofía. También jugaron Ana, Carlos, Raquel e Raúl.

Delegado: Óscar Loureiro Lobo.

ARBITRO: Víctor M. García Villaverde.

GOLES:

1 - 0: min. 17, balón pelexado por David dentro da área e que despexa un defensa, o balón o recolle Migui no pico da área e de forte disparo marca.

1 - 1: min. 20, indecisión no mediocampo aresano no rexeitamento do balón, Iago faise con él e de forte disparo dende tres cuartos de campo cóao por toda a escuadra.

1 - 2: min. 27, contragolpe por banda dereita do Cedeira que colle despistada a zaga local e que culmina Hugo cun disparo cruzado.

2 - 2: min. 32, balón en longo de Migui sobre Naim quen dende a frontal dispara seco e a media altura para bater o porteiro.

3 - 2: min. 40, pase dende a banda de Naim sobre Mario quen se vai do seu defensor, encara a meta local internándose na área para bater de disparo cruzado o porteiro.

4 - 2: min. 45, Mario de forte disparo dende tres cuartos de campo que se coa pola escuadra.

 

 

Primeira metade de claro dominio do conxunto local pero ao que lle faltou gol. Foron varias as ocasións creadas polos de Ares, Naim en varias ocasións, Mario, e a máis clara un disparo de Migui ao pau. Pero os dianteiros aresanos non estaban acertados de cara a porta. Habería que esperar ata o minuto dezasete para que os de Ares obtivesen o seu xusto premio ao bo labor realizado ata o momento. Migui sería o autor do tanto local. Continuarían tendo os de Ares o control do xogo, pero unha indecisión no mediocampo local permitía a Iago empatar o partido no primeiro disparo a porta dos visitantes. Resultado inxusto para o visto no terreo de xogo, pero co que nos iríamos ao descaso.

No segundo período, e aos dous minutos da reanudación, o Cedeira adiantábase no marcador por medio de Hugo despois dun despiste defensivo dos de Ares. Xarro de auga fría para a parroquia numantina que vía con que pouco o conxunto visitante ía por diante no marcador. Máis isto non foi suficiente para minar a moral do conxunto aresano que pouco tardou en volver tomar as rendas do partido. Un disparo de Migui ao pau sería o prolegómeno do gol do empate materializado por Naim. Pouco despois este mesmo xogador sería o que daría o pase a Mario para que éste de xogada individual adiantase os de Ares. Tres minutos despois do gol un novo disparo de Migui volvía estrelarse, nesta ocasión no longueiro, era o terceiro pau do xogador aresán. O dominio dos de Ares era evidente, o que quedaría demostrado pouco despois cun novo gol de Mario pola escuadra. Nos minutos finais continuarían as oportunidades para os locais, pero as boas intervencións do meta cedeirense impedirían que os de Ares materializasen máis ocasións. Ao final xusta pero curta vitoria para os de Ares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.