ALEVÍNS: NUMANCIA, 5 – G. CARANZA, 1
9 de maio de 2009
Xoan.
ALINEACIÓN: Roberto; Vero, Martín; Alberto, Miguel, Carlos; Brais. Tamén xogaron Marcelo, Ángel e Iván
GOLES: Carlos (2), Alberto (2), e Martín.
INCIDENCIAS: Partido xogado en Prados Vellos
ÁRBITRO: Sen complicacións.
COMENTARIO: Igual que sucedeu no partido anterior, durante a primeira parte o G. Caranza plantou cara, movendo o balón desde a defensa e sempre intentando a combinación cos compañeiros. Chegouse ao descanso cunha vitoria mínima dos locais, gol conseguido por Alberto desde a frontal da área.
Na segunda parte a superioridade do Numancia levouno a conseguir outros catro goles que puideron ser máis tendo en conta que moitas ocasións acabaron con remate aos postes dos ferroláns.
Neste partido hai que salientar a actuación completísima de Alberto: xogou pola dereita, polo centro, distribuiu balóns, cortou xogadas e ... conseguiu dous goles.