ALEVÍNS: G. CARANZA, 0 – NUMANCIA, 4

S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Alevín. Temporada 2008-2009. Galicia de Caranza, 0 - Numancia de Ares, 4. CaranzaConsolidación no primeiro posto

1 de maio de 2009

Xoan

ALINEACIÓN: Roberto; Vero, Martín; Alberto, Miguel, Carlos; Fran. Tamén xogaron Marcelo e Brais.

GOLES: Carlos (2), Marcelo e Martín.

INCIDENCIAS: Partido xogado en Caranza.

ÁRBITRO: Correcta actuación do colexiado. A destacar a “invitación” a un xogador do Caranza para que marchase ao banquillo a tranquilizarse. No fútbol base non se pode entender a expulsión definitiva dun neno de dez anos por moi mala que sexa a súa actitude, como ocorreu noutro partido. Sempre son preferibles medidas correctoras, como neste caso.

COMENTARIO: Nada máis comezar o partido xa se adiantou o Numancia cun gol de Carlos tras triangulación de Miguel e Alberto. Esta boa xogada deu paso a uns quince minutos de control aparente do Caranza, movendo o balón desde a defensa pero con pouca profundidade e escaso perigo ante a portería de Roberto. Xa nos últimos cinco minutos desta primeira parte, chegaron os goles de Marcelo e Martín que sentenciaron o choque.

A segunda parte, coa clara ventaxa dos aresáns foi moito menos disputada, cun Caranza rendido e un Numancia relaxado que só presionou nos últimos minutos.

En resumo, un regular partido no que podemos destacar a fortaleza e seguridade de Martín na defensa e as internadas de Carlos pola banda esquerda. Asimesmo, Alberto tamén completou un bo partido.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Alevín. Galicia de Cararanza,0 - Numanica de Ares, 4. Copa Fútbol 7. Caranza
 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Alevín. Galicia de Cararanza,0 - Numanica de Ares, 4. Copa Fútbol 7. Caranza
   
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Alevín. Galicia de Cararanza,0 - Numanica de Ares, 4. Copa Fútbol 7. Caranza S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Alevín. Galicia de Cararanza,0 - Numanica de Ares, 4. Copa Fútbol 7. Caranza

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.